Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Preferente: Cada un collendo o seu lugar

Preferente: Cada un collendo o seu lugar

4ª xornada xa na Preferente e os nosos seguen na súa liña. Parece que este comezo de temporada serve para ir vendo onde vai estar cada equipo, malia que se espera máis, por exemplo, deste reforzado Dumbría.

O que de seguro vai estar ben arriba é o Bergantiños. Co Ribadeo é o único equipo categoría que suma 4 vitorias en 4 partidos, dominando ademais cada choque. Parece que o Xallas de Santa Comba vai mirar tamén á zona alta, coma o ano pasado, a pesar da tremenda transformación sufrida, este curso cun toque santiagués que polo de agora non lle senta mal.

Mentres, Dumbría e Soneira comezan paseniño. Ambos suman 4 puntos, dando boa imaxe en todos os partidos, e aínda con tempo para ir afianzando as súas caras novas, sobre todo as do Dumbría.

Soneira - O Val (1-2)

O Soneira quentando no Municipal de Vimianzo -Foto-SoneiraSD
  • SONEIRA: Victor, Brais, Fran, Mayuyo, Michael, De La Sierra, Riki, Canosa, Basti, Óscar e Baba. Tamén: Leo, Ivan e Richi.
  • Goles: 1-0, min.20: Baba de penalti; 1-1, min.65; 1-2, min.75.

Deixou escapar o Soneira un partdo que parecía controlado e que se puña de cara na primeira parte. Óscar mandaba pronto ao pao e Basti non estaba acertado no rexeite. Aos 20 minutos xa mandaba no marcador cun gol de penalti moi ben lanzado por Baba. Óscar volveu probar ao meta rival de volea nos mellores momentos do Soneira ante un O Val que aguantaba.

A segunda metade volvía comezar cun Soneira moi bo, aprentando e mandando Basti outro balón á madeira. Pero pouco a pouco o cadro visitante foi creando algo máis de perigo, e en apenas dúas chegadas era quen de remontar o partido ante un Soneira ao que lle quedaba a cara de parvo.

Narón - Xallas StComba (0-0)

  • XSC: Pablo, Iván Forján, Héctor, Rubio, Rubén Forján, Alfonso, Alberto, César (Miki, min.83), Toño (Isma, min.30) (Cristian, min.89), Darío, Marcos.

Empate sen goles entre Narón e Xallas de Santa Comba nun choque moi igualado. É un equipo robusto este de Julio Martínez que está comezando a sentirse ben seguro atrás despois do tropezo da semana pasada ante o Soneira. Os xalleiros comezaron dominando, e Alberto avisaba de cabeza e o balón pegaba no longueiro trala parada do meta local.

Alberto e César dominaban o medio campo, ata que pouco a pouco o Narón ía comendo terreo. O partido chegou ao descanso xa con igualdade de forzas. Na segunda foi o cadro local algo máis dominador, pero o respecto foi mutuo e ninguén arriscou o punto.

Lemos - Dumbría (2-1)

  • DUMBRÍA: Julián, Jose (Martín Toja, min.60), Óscar, Aarón Fdez. (Rudy, min.75), Cote (Pablo Conde, min.46), Aarón López, Doro, Jota, Adrián Makaay, Iago, Dani Casal (Luisito, min.46).
  • Goles: 0-1, min.42; 1-1, min.80: Rudy nun córner; 2-1, min.40.

Segue ensamblando todas as pezas novas Canosa, a pesar das moitas baixas (Rivi, Adrián Nieto, Tantán, Pablo Muíño...) que lle obrigan a facer cambios de posición que non son o máis axeitado para asentar un equipo. Así e todo ten moi boa pinta este Dumbría, que tiña o partido moi controlado na primeira metade, sen perigo para Julián e con grandes ocasións.

Makaay, que non deixa de crear ocasións, tivo varias para marcar, pero non estaba acertado e mesmo marrou sen porteiro. Tamén tivo Doro algunha clara, demostrando que o equipo non está fino cara gol.

O Lemos marcou ao fío do descanso tras un centro alto que se envenenou, Julián quixo atallar, tropezou cun compañeiro e o balón se colou. Reaccionou o Dumbría á volta do descanso, pero na segunda metade o cadro local dominou máis. E cando o partido se igualaba, tralo empate de Rudy e un par de ocasións para darlle a volta ao marcador, chegaba o gol da vitoria localnunha contra, nun erro defensivo de coberturas que deixaba que no man a man non perdoase o Lemos. Aínda no min.93 Makaay rematou de cabeza ao poste, e o balón petaba nas costas do porteiro pero non daba entrado. Non era o día do Dumbría, que segue necesitando rodaxe.

Bergantiños - Residencia (1-0)

  • BERGANTIÑOS: Christopher, Miguel Loureiro, Dany Becerra, Álex Canedo, Sergio, Gonzalo (Álex Figueiras, min.77), Toni, Alexandre, Luis (Souto, min.55), Roberto Piñeiro (Brais Garrido, min.91), Josiño (Iván Amor, min.68).
  • Goles: 1-0, min.11: Roberto Piñeiro recólleo peito un despexe de Dany Becerra a 5 metros da frontal, para enganchar un zurdazo a bote pronto poñendo o esférico á esquerda do porteiro sin opción para este.

Se o Barça e o Madrid teñen Messidependencia e Cristianodependencia, respectivamente. Pódese decir que o Bergantiños ten Piñeirodependencia, e esto estase a demostrar segundo van pasando as xornadas. O de Mouromorto demostra domingo a domingo que é o xogador máis determinante dos vermellos, sendo o principal culpable de que os bergantiñáns sumen de tres en tres.
O partido tuvo no equipo carballés un claro dominador e que terminou resolvendo o de sempre, Roberto Piñeiro, que segue sen fallar a súa cita co gol.

Na primeira metade houbo un claro dominio do equipo local contra un equipo que defendía ordenado pero cun nulo vagaxe en ataque. O Bergantiños intentaba combinar e cando o conseguía facer, era quen de crear claras ocasións. Logo do gol de Roberto Piñeiro, os carballeses tiveron dúas claras ocasións para aumentar a súa conta, nos minutos 28 e 32, respectivamente. Na primeira, pase de Sergio para Josiño, este último deixa de primeiras para Roberto Piñeiro, que bota fóra o esférico por pouco cando esta só diante do porteiro. Na segunda, boa xogada do Bergan por banda dereita, Gonzalo toca para Piñeiro por baixo, este prolonga para a carreira de Alexandre, que chega a liña de fondo para facer o centro que recolle Josiño de espaldas, o de Coristanco deixa de frente na frontal da área para Luis, e o lanzamento deste último vaise rozando a escadra da portería de Yebra.
Co 1-0 e cos carballeses dominando, chegaríase ao tempo de lecer.

Seguían ao seu os vermellos tras o descanso e aos 12 minutos da reanudación, logo dunha xogada trenzada, centra Dany Becerra e Josiño só no punto de penalti remata ás mans do porteiro. A dez minutos do final terían os locais a ocasión de cerrar o encontro; centro de Miguel Loureiro que remata Iván Amor pero un defensa visitante e quen de sacar o esférico debaixo dos paus cando xa se cantaba o gol nas bancadas.
Co Bergantiños agazapado atrás, intentouno o Residencia nos últimos minutos pero con máis corazón que cabeza e sin crear perigo.

Crónicas da semana

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Máis información

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios