Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Xuvenís: Con medo a descolgarse

Xuvenís: Con medo a descolgarse

Continuamos, como cada tarde de martes, achegando a realidade das Ligas Xuvenís. Unhas Ligas Xuvenís curtas e que xa están cheas de intensidade, pois se alguén se descolga logo vai ser difícil chegar arriba. Nesas están algún dos favoritos, malia que nesta categoría todo cambia moito dun ano a outro, dunha fornada de rapaces a outra.

Repasamos grupo a grupo.

Liga Xuvenil, Gr.3, xornada 3

Segue o Dumbría imbatido trala 3ª xornada na que descansaron Cee e Mazaricos (é o que ten a retirada do Corcubión xa no comezo da campaña). O cadro de Óscar Leis e Diego Lobelos non dá tregua, e malia recibir o primeiro tanto en contra, segue goleando alá por onde pasa. Só aguanta o ritmo a Esteirana, cunha fornada de recén chegados á categoría, con 7 puntos tras vencer a un Fisterra que non acaba de coller o ritmo. Quedan sen puntuar o Mazaricos, que parece que este ano vai sufrir, e o Lira, que paga claramente a novatada.

Soneira - Dumbría (1-4)

  • SONEIRA: Vinka, Cristian, Miguel, Manuel, Adrián, Cheo, Rodrigo, Chiado, Robi, Damián, Carlos. Tamén: José e Yordi.
  • DUMBRÍA: Couto, Fabián, Antelo, Cabana, Roberto, Antón, Alcaina, Pablo, Kevin, Martín, Javi. Tamén xogaron: Yerai, Dani, Gonzalo, Raúl e Gabi.
  • Goles: 0-1: Martín (descanso); 0-2: Antón; 0-3: Antelo; 0-4: Javi; 1-4: Chiado no rexeite tras un penalti marrado por Carlos.

4 cadetes que debutan no Dumbría de Diego Lobelos e Óscar Leis, mentres que Antelo contaba con moitas baixas por mor da Barca. No cómputo total do partido o Dumbría foi algo superior se ben algo superior o Dumbría, pero a primeira metade foi bastante igualada rematando só 0-1 tras un erro defensivo soneirán.

Na segunda si que o Dumbría estirou filas e fixo máis dano solventando o partido relativamente pronto.

Outes - Xallas StComba (2-2)

  • OUTES: Joel, Nieto, Brión, César, Rafa, Cutu, Álvaro, Adrián, Babu, Paulo (Abraham, min.60), Zeta (Xurxo, min.70).
  • XSC: Alvarito, Cristian Caamaño, Fabián, César (Pesi, min.65), Pérez (Sergio Barbeira, min.55), Adrián, Torres (Carlos, min.70), Miki, Styen (Luís, min.65), Pablo Landeira, Iván Pastoriza.
  • Goles: 1-0, min.25: Rafa tras roubar ao borde da área e con algo de sorte; 2-0, min.30: Babu de falta salvando a barreira; 2-1, min.50: Styven; 2-2, min.55: Adrián.
  • Lesión: Paulo.

Comezaba o partido cun Xallas de Santa Comba apretando, e de feito a primeira xogada de gol foi unha ocasión triple que os de Rafa non souberon aproveitar. O Outes comezaba a presionar ben a saída do balón e a crear perigo.
Metíuse por diante o Outes na primeira metade tras un erro defensivo que aproveitou Rafa e cunha falta de estratexia que colou Babu polo pau da barreira.

Na segunda metade, un xogador de Manu Roque lesionábase, só paraba o equipo local ao berro do míster, e na contra o cadro xalleiro recurtaba. Un XSC que saía buscando algo máis balóns directos a homes de banda, e que tivo ata un penalti que fallou Styven. Así e todo o empate é bastante xusto, pois o cadro visitante xogou algo mellor na segunda metade.

Lira - Muros (1-9)

  • Goles: Santi (2), Hugo (2), Miguel, Yerai, Juan, Diego e Piki para o Muros. E Cibrán por bando liracho

Pouco que contar dun partido no que se demostrou a diferencia entre o equipo de Bibi, e o novo equipo de Javier. Os muradáns viñan de caer por goleada ante a Esteirana, un dos favoritos, e o Lira segue adaptándose á categoría.

Esteirana - Fisterra (5-0)

  • ESTEIRANA: Marcos (MJ, min46), Kiko, Sergio, Rafa, Tobío, Codesido, Damián (Pablo, min.46), Jose (Fabio, min.70), Manu, Adrián, Raúl.
  • FISTERRA: Ángel, Javi Suárez, Cartamil, Noé, Rubén, Breixo, Jose, Abel (Josema, min.67), Manute (Gabi, min.46), Benlloch, Adrián (Moisés, min.65).
  • Goles: Raúl (3), Codesido e Manu.
  • Expulsión: Javi Suárez no min.43 por vermella directa.

Comezaba o partido moi igualado, e de feito a primeira acababa cun 1-0 e ocasións para os dous bandos. A expulsión de Javi Suárez foi clave ao fío do descanso, desmoralizando aos de Nacho, ex do Ponteceso e do Baio, que non puideron aguantar todo o segundo tempo cun home menos.
Aínda que son de primeiro ano, os rapaces de Martín, que o ano pasado fixeron grandes cousas en cadetes, están a facer un gran inicio de campaña.

Liga Xuvenil, Gr.4, xornada 3

Sorprendente liderato do Ponteceso de Dani Pallas. Un Ponteceso que parte de cero este ano, fomentando o bloque, e que polo de agora só sabe sumar de 3 en 3. Esta semana tivo un choque complicado ante un Laxe que promete dar guerra. Por detrás sitúase o Corme, tras vencer ao iexperto Castriz, e xa chegan Laxe, Camariñas e Malpica por detrás. Un Malpica que superaba ao Cabana no choque máis vistoso da xornada, entre dous equipos que o ano pasado estaban loitando moi arriba, e que parece que este ano lles está costando algo máis.

Seguen sen puntuar o Muxía, ao que lle tocaba descansar, e o Castriz, outro novato que necesita máis partidos para amoldarse á categoría.

Malpica - Cabana (2-1)

Malpica Xuvenil-Foto- Luis E. Porto
  • MALPICA: Manuel, Jorge, Víctor Novo, Canario, Stiven, Mouri, Eloy (Plejo, min.82), Diego, Pitís (Gabi, min.78), Guille (Alberto, min.46), Kevin.
Malpica Xuvenil-Foto- Luis E. Porto
  • CABANA: Diego, Villar, Raúl (Grille, min.78), Dani Mato, Aurelio, Diego Mato, Álex Fraga (David, min.42), Samuel, Iván Mato, Álex Rodríguez (Óliver, min.66), Pablo (Darío, min.56).
  • Goles: 1-0, min.20: o porteiro Diego en propia meta intentando despexar un córner; 2-0, min.44: Kevin tras un rexeite; 2-1, min.65: Styven en propia meta intentando despexar un centro de Diego Mato.
  • Lesión: o cabanés Alex cun brazo fracturado.

Dous dos equipos chamados a estar arriba e que comezaron dun xeito bastante titubeante se enfrontaban en Pedra Queimada. E amosaron as súas armas. O Cabana de Fernando, que non é o mesmo equipo que o do ano pasado, levou o peso do partido, dominando o balón pero sen profundizar demasiado. Pola contra, o Malpica atacaba pouco pero cando o facía creaba perigo. Ademais, os malpicáns aproveitaron un par de erros para meterse por diante na primeira metade. Na segunda, o Cabana intentábao por un lado e por outro pero a defensa malpicá estivo moi segura e só o gol en propia de Styven pode tomarse como lunar.

Baio - Coristanco (0-0)

  • BAIO: Guillermo (Alex, min.75), Jose (Kevin, min.46), Michi, Efe, Costiña, Anxo, David, Estefan (Cristian, min.75), Pedro (Anxo, min.46), Alberto Silvariño (Alfonso, min.75), Santi Díaz.
  • CORISTANCO: Nacho, Iván (Javi, min.40), Navarro, Rubén (Abelenda, min.46), Naya (Suárez, min.46), Jorge, Cristian, Brandón, Fondo, Joaquín (Falcao, min.60) e Bértoa.

Partido moi duro de moita calor, onde poido ganar calquera, con poucas chegadas pero algún que outro arrebato durante os 90 minutos. Foi un choque moi igualado. Na primeira o equipo de Da Silva, bucando algo máis o fútbol directo, non aproveitou os desaxustes dos de Jose Pastoriza. Na segunda o Baiuo estivo algo mellor, tendo boas ocasións por medio de Anxo cadete, Santi Díaz, David e Estefan. Así e todo, a máis clara chegou para o Coristanco e xa co tempo cumplido cun balón ao pau de jJorge que puido significar os tres puntos.

Camariñas - Porteño (4-0)

  • CAMARIÑAS: José Luís, Mateo, Juan Ángel, Santi, Pose, Juan, Chicote, Carlos, Brais, Manuel, Javi.
  • PORTEÑO: Brais, Damián, Gonzalo, Alex, Manuel, David de Camariñas, Álvaro, Mario, Felipe, David, Maikel. Tamén: Matías, Miguel e Josiño.
  • Goles: Javi (2), Santi de córner e Pose dende fóra da área.

Chegaba o Camariñas de Pirucho con 11, pero foron suficientes para levar o partido ante un Porteño que segue pagando a novatada. Os de Ordóñez non puideron conter a velocidade e calidade de Javi, que xa na primeira asinara dous tantos para deixar o partido a favor do vento con 3-0 ao descanso.

Na segunda, o partido estivo algo máis igualado, con algunha ocasión para o Porteño para recurtar. De feito, David de Camariñas marrou un penalti e o choque acabou con 4-0 para os locais, que cambiaron a orde do partido..

Ponteceso - Laxe (4-2)

  • PONTECESO: Lucas, Adrián Pose, Dani Villar, Lorenzo, Diego Collazo, Sergio, Pablo, Isma, Chirstian, Yago, Isma. Tamén: Daniel, Luca, Dani Valle, Óscar Pose.
  • LAXE: Martín, Samuel, Sergio, Diego, Soto, Santi, Dani, Djamel, Saleta, Elías, Adrián. Tamén: Casás, Amarelle, Manuel.Goles: 1-0, min.5: Pablo; 1-1, min.35: Elías; 2-1, min.53: Christian; 2-2, min.55: Saleta; 3-2, min.60: Pablo; 4-2, min.80: Chistian.
  • Expulsións: Os laxenses Djamel con 3-2 e Elías co 4-2.

Segue o Ponteceso de Dani Pallas sorprendendo neste comezo de tempada, xa que o cadro pontecesán ten un equipo practicamente novo e se mantén no máis alto. O sábado tivo que sufrir ante o Laxe, que aguantou ata quedar con un e dous homes menos. Na primeira metade foi un toma e daca, cun Laxe de Fernando Mohedano que respondía aos golpes do cadro local. Chegaba o 3-2 e o cadro laxense se desquiciaba e acaba con 9 sobre o campo do Pinguel.

Castriz - Corme (0-4)

  • CASTRIZ: Rubén, Yoshua, Sergio Fariña, Cristian, Isaac, Antonio, Juanma, Isma, Iván, Manu, Brais. Tamén xogaron: Eloy García, Alberto, Dani Chans, Fernando, Bruno.
  • CORME: Rubén, Isaac, Cristian, Eloy, Iván, Yoshua, Antonio, Juanma, Brais, Manu, Isma. Tamén: Alberto, Bruno, Fernando, Sergio e Dani Chans.
  • Goles: 1-0: Antonio; 2-0: Antonio; 3-0: Juanma; 4-0: Brais.

Bo partido do Corme, ante un Castriz que segue en proceso de formación, pero que xa notaron boa melloría con respecto ao primeiro partido os rapaces de Evaristo e Lorenzo.
Pola súa banda o Corme de Lelo parece ben entonado e que vai dar que falar este curso.

Crónicas da semana

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Máis información

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios