As Junior do ACB terán que remontar ante o Viveiro
Nova xornada para a familia ACB Costa da Morte con ata 5 partidos en liza. E mellor non reparar nos resultados, pois só os cadetes acaban a vitoria. O importante é que todos seguen competindo a bo nivel, destacando ás Junior, que terán que remontar a vindeira semana ante o Viveiro.
4ª División Senior Masculina
- Resultado: IDEFIC - ACB Costa da Morte (67-47).
- ACB: Lucas (2), Mario (4), Sergio (9 - 3 triples), Manu (14 - 2 triples) e Iván (17 - 1 triple).
O ACB Costa da Morte senior masculino presentouse no campo de Idefic da Coruña sen nada que perder e moito que gañar. As ausencias de Tinín por lesion, e a de Pais por incompatibilidade de horarios deixou o equipo con só cinco xogadores para xogar o encontro, pero aínda así fixeron un moi bo partido contra un rival superior físicamente.
Os nosos xogadores plantaron cara o rival desde o primer minuto ca defensa en zona e moito criterio en ataque, grazas a boa dirección de manu e a intensidade de Ivan. Foi un partido no que o adestrador do acb incidiu na defensa pero o cansancio e o fondo de banquillo visitante acabou por decantar o marcador final no último cuarto.
2ª División Sénior Femenina
- Resultado: Estación de Servicio Bazarra Costa da Morte - CB Burela Pescados Ruben (34-91).
Mal partido das xogadoras do ACB, a falta de Andrea, Lidia e Iria por lesión fixo que o equipo só xogase con tres xogadoras senior e o resto completarono co equipo Junior. As 5 faltas de Esther antes do descanso, e a presión a toda pista do equipo de Burela durante todo o partido fixo que o equipo de Cee non tivera ninguna posibilidad e a direfenza non fixo mais que aumentar. Fani e Yoli foron as máis destacadas nun equipo que se manten fóra dos postos de descenso e que segue cunha dinámica moi boa.
2ª División Junior Femenina
- Resultado: Club Baloncesto Viveiro - ACB Costa da Morte (63-46).
O equipo ceense tiña un largo desprazamento para xogar este partido, esta vez foron a Viveiro e poida que fose iso o que lles afectou para non conseguir alcanzar o seu nivel, sobre todo no primeiro cuarto no que saíron durmidas. Na segunda parte a cousa cambiou e as ceenses conseguiron remontar a ventaxa das xogadoras locais conseguindo incluso gañar o ultimo cuarto, pero xa a desvantaxe era moi grande. Pese a iso as xogadoras confían en darlle a volta a eliminatoria na casa, ante un equipo moi parexo ca axuda da afección.
2ª División Cadete Masculina
- Resultado: ACB “Costa da Morte” - Baloncesto Cambre (49-29).
Bo partido dos chavales de George que se manteñen cunha boa defensa nos altos postos da clasificación.
2ª División Cadete Feminina
- Resultado: ACB Costa da Morte - Mercedarias Ferrol Hotel EL Suizo (30-53).
Mal partido das xogadoras do ACB, que ante un rival moi superior apenas puideron facer nada. Só Lorena, con grandes detalles, manteu o nivel do equipo na primeira parte pero o poderio físico das xogadoras de Ferrol se mantivo e acabaron gañando cunha diferencia de 20 puntos.
Máis información
Novas relacionadas
- Os Senior do ACB Costa da Morte xa saben ganar.
- As Júnior do ACB manteñen o pulso polo liderato.
- As Junior do ACB Costa da Morte miran ao liderato.
- Mala fin de semana para a familia do ACB.
- Case pleno na familia ACB.
- Os problemas de efectivos deixan en cadro ao ACB.
- 2 vitorias e 5 derrotas para a familia do ACB.
- Doble derrota para o ES Bazarra.
- O ACB Costa da Morte afronta un novo ano co apoio de Ferroatlántica.
- 2012/2013: O ACB despide a tempada coa derrota dos cadetes nas semis de Copa.