Martes. 21.05.2024
El tiempo

Os Senior do ACB Costa da Morte xa saben ganar

Os Senior do ACB Costa da Morte xa saben ganar
Os Senior do ACB Costa da Morte xa saben ganar Bazarra patrocina as crónicas do ACB Costa da Morte - Coñece as nosas ofertas en neumáticos

Completa xornada para o ACB, na que cómpre salientar a primeira vitoria dos Sénior. Ademais, as maiores tamén vencían ao pechacancelas malia acodir en cadro, ao tempo que os e as cadetes gañaban os seus partidos e os infantís caían.

Traemos hoxe tamén as crónicas do Carballo Basket, con partidos en liza a familia carballesa.

2ª División Sénior Masculino

  • Resultado: Carballo Basket - IES Rosalía (54-43).
  • Carballo Basket: Fabian (2), Hector (10), Fran (2), Abrahám (6), Juan (6), Tato (7), Luís (9), J. Argüelles (12)

Partido serio do Carballo Basket, cimentado dende a defensa, con contraataques rápidos e case sempre efectivos. Partido con moitas faltas e criterio dispar dos árbitros que non gustaron ás case 150 persoas que presenciaron o encontro.
O Xiria controlou comodamente o partido, con vantaxe de máis de 10 puntos, salvo nos últimos minutos que o Rosalía púxose a 6. Neste momento unha tripla de Tato e unha canastra de Héctor aseguraron o encontro, que os pon no 5º lugar da clasificación.

4ª División Sénior Masculina, xornada 9

  • Resultado: ACB COSTA DA MORTE - ARTEIXO (57-47).
  • Parciais: (14-6; 19-15; 14-16; 10-10) (Acumulado: 14-6; 33-21; 47-37; 57-47)
  • ACB COSTA DA MORTE: Iván, 9 ptos; Luciano, 1 pto; Manuel, 19 ptos; Tinin, 0 ptos; Pais, 18 ptos – quinteto inicial - Sergio, 8 ptos (2 triplas); Mario, 2 ptos.

Por fin chegou a primeira vitoria do equipo senior masculino, único equipo do clube que non tiña inaugurado o seu marcador de vitorias.
Partido no que os de Cee sairon moi concentrados, sabendo que neste partido había posibilidade de gáñalo, e incluso intentar remontar o basketaverage que traían os de Arteixo, que viña con once xogadores, do partido de ida.

Xa no comezo do partido, no primeiro minuto o primeiro contratempo para os locais: escordadura de nocello de Tinín, sendo xa baixa para o resto do partido, e probablemente durante tres semanas non volva a xogar.

A pesar deste contratempo o equipo sigue ca mesma intensidade, mantendose sempre por diante no marcador, tendo ventaxas de 12 puntos e mantendo esas diferenzas ata o final do encontro. Partido no que a defensa foi fundamental para conseguir a vitoria.

2ª División Sénior Feminina, xornada 13

  • Resultado: ADFRO – E.S.BAZARRA, S.L. ACB COSTA DA MORTE (29- 31).
  • Parciais: (2-13; 4-4; 9-11; 14-3) (Acumulado: 2-13; 6-17; 15-28; 29-31)
  • E.S.BAZARRA, S.L. ACB COSTA DA MORTE: Sandra, 17 ptos; Lidia, 6 ptos(1 tripla); Goretti, 0 ptos; Lara, 2 ptos; Laura, 6 ptos.

Partido no que as de Cee acodían con tan só 5 xogadoras, 3 seniors e 2 juniors. Visitaba ao equipo colista da liga, ADFRO, o cal conta tódolos seus partidos con derrotas, e colleitou unha máis. O equipo da Costa da Morte plantexou todo o partido unha zona, ca cal puideron controlar o rebote durante todo o partido. A pesar de non contar con cambios, sempre foi por diante no marcador mantendo diferenzas de ata 15 puntos no terceiro cuarto. Un último cuarto no que as de Coruña defenderon con máis intensidade fixo temer pola vitoria que finalmente conseguiron as rapazas de Cee.

2ª División Cadete Feminino, xornada 12

  • Resultado: BASQUET CORUÑA MARISTAS 99 - ACB COSTA DA MORTE (42-46).
  • Parciais: (12-10; 13-11; 12-9; 5-16) (Acumulado: 12-10; 23-21; 35-30; 5-16)
  • ACB COSTA DA MORTE: Tania, 14 ptos; Vivi, 12 ptos; Maria Castro, 15 ptos; Carmen María, 4 ptos; Maria Agulleiro, 1 pto – quinteto inicial – Lorena, 0 ptos.

Partido no que as de Cee chegaban tan só con 6 xogadoras, debido a baixa de última hora de Lorena por enfermidade. Partido no que as rapazas de Pais, foron capaces de aguantar o ritmo ante un equipo que contaba con 9 xogadoras. Mantiñanse as de Cee no partido, non deixando escapar no marcador as coruñesas. O inicio do último cuarto perdían de 5 puntos e neste cuarto conseguiron remontar, cun parcial espectacular.

Cadete Feminino, xornada 12

  • Resultado: Mercedarias Ferrol - Escola Basket Xiria (94-31)
  • Escola Basket Xiria: Pombo, A. (12), Sacedón, C. (9), Sánchez, I. (6), Varela, A. (2), Pérez, I. (2)

Partido moi complicado contra as primeiras de grupo, pero aínda así, plantouse cara e as xogadoras no deixaron de pelexar nin un só minuto. Conseguíronse liberar tiros e ler ben as vantaxes, aínda que o físico das rivais e a súas rotacións tiveron moita relevancia ó longo do encontro.

2ª División Cadete Masculino, xornada 12

  • Resultado: BASQUET CORUÑA 99 – ACB COSTA DA MORTE (42-54).
  • Parciais: (6-12; 14-6; 8-21; 14-15) (Acumulado: 6.-12; 20-18; 28-39; 42-54)
  • ACB COSTA DA MORTE: Luciano, 2 ptos; Cristian Marcote, 23 ptos; Christian Vazquez, 3 ptos(1 tripla); Nando, 13 ptos; Diego, 10 ptos – quinteto inicial – Amadeo, 3 ptos; Xabier, 0 ptos.

Partido que na primeira mitade había alternancia no marcador, chegando o descanso con tan so dous puntos de desventaxa para os de Cee. Tralo descanso, un tercer cuarto magnifico dos rapaces de George, cun parcial que rompía o partido e que permitía unha nova vitoria os rapaces do Acb Costa da Morte.

Liga Galega Infantil Masculina

  • Resultado: Escola Basket Xiria - Estudiantes Pontevedra (69-20).
  • Escola Basket Xiria: Jorge (9), Martin (19), Anxo (17), Javi Lopez (9), Luciano (8), Javi Souto (7), Alex (2)
Afrontaba a EBX o partido contra o 5º clasificado, coas baixas de Melini e Roi. Conscientes dese hándicap, os xogadores Carballeses saíron moi mentalizados, e cunha excelente defensa, e un ritmo altísimo en ataque, conseguían sentenciar o partido no primeiro cuarto cun parcial de 22-0. Tras o parón do primeiro cuarto, o equipo baixo o ritmo, debido á falta de recambio no banco, cun xogo mais pausado, pero igual de consistente en defensa; cunha gran superioridade no rebote, por parta de Anxo e Martín, logrou, impoñerse nos tres cuartos restantes, levando unha clara vitoria, o que permite chegar ao enfrontamento da próxima semana invicto, ao igual que o seu próximo rival, o líder Rosalía.

2ª División Infantil Masculino, xornada 11

  • Resultado: FERROATLÁNTICA ACB COSTA DA MORTE - ARTEIXO (23-54).
  • Parciais: (5-9; 0-9; 6-20; 12-16) (Acumulado: 5-9; 5-18; 11-38; 23-54)
  • FERROATLANTICA ACB COSTA DA MORTE: Carlos Insua, 1 pto; Anxo, 0 ptos; Luciano, 16 ptos; Fran, 6 ptos; Jorge, 0 ptos – quinteto inicial – Dani, 0 ptos; David, 0 ptos; Aitor, 0 ptos; Carlos Pais, 0 ptos.
  • Partido marcado polo segundo cuarto, onde os da Arteixo xa romperon o partido para remátalo no 3 cuarto e xogar con tranquilidade o último. Destacar o ambiente das gradas, e o aplauso final de ambas aficions para os dous equipos.

    Infantil Masculino

    • Resultado: Escola Basket Xiria - Basquet Coruña (23-35).
    • Escola Basket Xiria: Yago Iglesias (4), David (7), Facundo (2), Iago Caamaño (8), Nico (2), Rodri, Gabriel e Rodrigo.

    Excelente segunda parte a levada a cabo esta xornada polos xogadores da Escola Basket Xiria. O partido empezaba con intercambio de canastras que levaba o 6-10 ao marcador ao final de primeiro cuarto. Non obstante non sería ata o seguinte acto cando o partido empezaba a romperse, cun parcial de 4 a 16, canastras na súa maioría tras rebote ofensivo ante a diferenza de estatura existente entre ambos os dous equipos e os erros á hora de pechar o rebote.
    O descanso cambiou o desenvolvemento do partido, cun equipo facendo as cousas adestradas moi ben e sacando bos tiros en ataque. Non obstante a falta de acerto evitou que se puidese baixar dos 7 puntos de diferenza aos que o equipo se situou a falta de 3 minutos para o final do partido.
    En definitiva, moi bo partido de todos os xogadores, sacando ambición e pouta cando se deron conta que seguindo traballando se pode conseguir pelexar pola vitoria en próximos encontros.

    Infantil Masculino

    • Resultado: Maristas - Escola Basket Xiria (119-11)
    • Escola Basket Xiria: Viaño, I. (4), Aldao, A. (2), Vilariño, S. (3), Castro, C. (4).

    Partido moi difícil ante un rival moi físico, pero o equipo de Carballo pelexou cada balón e loitou cada rebote ata o último minuto, algo que faltou en anteriores partidos.

    Vindeira xornada do ACB Costa da Morte

    Sábado 1

    Infantil masculino: Basquet Coruña 01 - Ferroatlántica Acb Costa da Morte Hora: 12:00 h Pista: Ventorrillo (Coruña) Cadete feminino: Acb Costa da Morte - Mercedarias Hora: 16:00 h Pista: Municipal de Cée Senior feminino: E.S.Bazarra, S.L. Acb Costa da Morte - Burela Hora: 18:00 h Pista: Municipal de Cee Cadete masculino: Acb Costa da Morte - Cambre Hora: 20:00 h Pista: Municipal de Cee

    Domingo 2

    Infantil feminino: Elinco Narón - Ferroatlántica Acb Costa da Morte Hora: 12:00 h Pista: Colexio Santiago Apostol (Rua Ferrol) Narón Junior feminino: Carferlo CB Viveiro - Acb Costa da Morte Hora: 17:00 h Pista: Viveiro (Avda Martin ledesma)

    Máis información

    Novas relacionadas

    Fonte

    • Redacción de QPC ([email protected]).
    • Notas de prensa do ACB Costa da Morte e do Carballo Basket.

Comentarios