mércores. 30.04.2025
El tiempo

As Junior do ACB terán que remontar ante o Viveiro

As Junior do ACB terán que remontar ante o Viveiro
As Junior do ACB loitan polo liderato

Nova xornada para a familia ACB Costa da Morte con ata 5 partidos en liza. E mellor non reparar nos resultados, pois só os cadetes acaban a vitoria. O importante é que todos seguen competindo a bo nivel, destacando ás Junior, que terán que remontar a vindeira semana ante o Viveiro.

4ª División Senior Masculina

  • Resultado: IDEFIC - ACB Costa da Morte (67-47).
  • ACB: Lucas (2), Mario (4), Sergio (9 - 3 triples), Manu (14 - 2 triples) e Iván (17 - 1 triple).

O ACB Costa da Morte senior masculino presentouse no campo de Idefic da Coruña sen nada que perder e moito que gañar. As ausencias de Tinín por lesion, e a de Pais por incompatibilidade de horarios deixou o equipo con só cinco xogadores para xogar o encontro, pero aínda así fixeron un moi bo partido contra un rival superior físicamente.

Os nosos xogadores plantaron cara o rival desde o primer minuto ca defensa en zona e moito criterio en ataque, grazas a boa dirección de manu e a intensidade de Ivan. Foi un partido no que o adestrador do acb incidiu na defensa pero o cansancio e o fondo de banquillo visitante acabou por decantar o marcador final no último cuarto.

2ª División Sénior Femenina

  • Resultado: Estación de Servicio Bazarra Costa da Morte - CB Burela Pescados Ruben (34-91).

Mal partido das xogadoras do ACB, a falta de Andrea, Lidia e Iria por lesión fixo que o equipo só xogase con tres xogadoras senior e o resto completarono co equipo Junior. As 5 faltas de Esther antes do descanso, e a presión a toda pista do equipo de Burela durante todo o partido fixo que o equipo de Cee non tivera ninguna posibilidad e a direfenza non fixo mais que aumentar. Fani e Yoli foron as máis destacadas nun equipo que se manten fóra dos postos de descenso e que segue cunha dinámica moi boa.

2ª División Junior Femenina

  • Resultado: Club Baloncesto Viveiro - ACB Costa da Morte (63-46).

O equipo ceense tiña un largo desprazamento para xogar este partido, esta vez foron a Viveiro e poida que fose iso o que lles afectou para non conseguir alcanzar o seu nivel, sobre todo no primeiro cuarto no que saíron durmidas. Na segunda parte a cousa cambiou e as ceenses conseguiron remontar a ventaxa das xogadoras locais conseguindo incluso gañar o ultimo cuarto, pero xa a desvantaxe era moi grande. Pese a iso as xogadoras confían en darlle a volta a eliminatoria na casa, ante un equipo moi parexo ca axuda da afección.

2ª División Cadete Masculina

  • Resultado: ACB “Costa da Morte” - Baloncesto Cambre (49-29).

Bo partido dos chavales de George que se manteñen cunha boa defensa nos altos postos da clasificación.

2ª División Cadete Feminina

  • Resultado: ACB Costa da Morte - Mercedarias Ferrol Hotel EL Suizo (30-53).

Mal partido das xogadoras do ACB, que ante un rival moi superior apenas puideron facer nada. Só Lorena, con grandes detalles, manteu o nivel do equipo na primeira parte pero o poderio físico das xogadoras de Ferrol se mantivo e acabaron gañando cunha diferencia de 20 puntos.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
  • Notas de prensa do ACB Costa da Morte e do Carballo Basket.
  • Comentarios