BTT da Caramiña: A carreira máis dura da Costa da Morte

Ou alomenos así a anuncian os PC Baikers do Vilán, organizadores da III Marcha BTT Ruta da Caramiña, que se celebrará o vindeiro domingo 22 de xuño polos montes camariñáns.

A saída será dende o porto de Camariñas ás 9:30h, con 65km a marcha longa e 42 a curta. Haberá un trofeo para os 3 primeiros da ruta longa, á primeira en categoría feminina, ao club máis numeroso, ao primeiro camariñán e ao máis veteranos e máis novo.

Xa se poden inscribir ingresando a cota (10€ para federados e 20 para non federados) na conta 0182-5235-16-0201567051,, indicando nome, data de nacemento, club… co xustificante de pago a baikersdovilan@hotmail.es.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).