Completa Axenda deportiva da última fin de semana de novembro
Nova fin de semana chea de deporte, esta última de novembro, marcada polo Día contra Violencia de Xénero e polo aniversario do Prestige. E se ben hai moito fútbol, coma sempre, estes días teremos unha actividade deportiva completa. Destacamos a apertura do Circuito de Xadrez da Costa da Morte, pero ademais haberá surf, volei, balonmán, baloncesto, fútbol sala, taekwondo, tenis de mesa...
Así que tras botar un ollo ao parte de sancións, repasamos a previa da xornada no #futboldacosta. E comezamos pola Preferente na que o XSC non poderá fallar na casa ante o Taboada, e o Soneira terá unha oportunidade de escapar do O Val. Ademais, o Dumbría terá o choque máis complicado, ante un Boiro empatado cos xalleiros e a 1 dos dumbrieses.
O partido da xornada xógase na 1ª, cun derbi Camariñas-Malpica que chega cun Malpica en forma, na 3ª praza, e un Camariñas en apuros, a tan só dous puntos do descenso, pero que conta cunha alta boa, a do goleador Alex, que chega do Dubra tras ser o pichichi das Ligas da Costa o ano pasado no Cerqueda, polo que seguro ademais do debut será un partido especial para el. Na mesma tesitura que os camariñáns están Fisterra e Ponteceso que terán que manter en casa si ou si os 3 puntos ante Amio e Estudiantil.
A 2ª Autonómica ten moitos focos, todos en horario oficial. Como ese derbi entre Cee e Corcubión que non se repetía dende hai 5 anos, e ao que ambos equipos chegan con moitas gañas. Teremos tamén derbi muradán, no que o Volantes querrá parar á Esteirana. Ademais a fin de semana acolle o partido entre os pechacancelas, Dumbría B e Cabana queren sacar a cabeza a flote.
A xornada na 3ª mira a un partido por roba de todos. 2º contra 1º enfróntase en Carballo onde o Inpendiente intentará frear ao Porteño, e rebasalo, nun partido ao que ambos chegan sen coñecer a derrota.
Ademais, o 3º, o Camelle terá en fronte a un Ameixenda que quere recuperar a senda da vitoria,e teremos un cruce de debutantes vimianceses, co Castrelo-Baíñas.
En xuvenís non haberá enfrontamentos directos, pero atentos que segue en marcha as LCFs dos máis pequenos. De feito, xa as temos actualizadas en www.futboldacosta.com.
Preferente, xornada 14
Xallas StComba | 25/11 - 16:00 | Taboada |
Boiro | 25/11 - 16:15 | Dumbría |
Soneira | 25/11 - 17:00 | O Val |
1ª Autonómica, xornada 13
Fisterra | 24/11 - 17:00 | Amio |
Camariñas | 25/11 - 16:30 | Malpica |
Ponteceso | 25/11 - 18:00 | Ag. Estudiantil |
2ª Autonómica, xornada 13
Cee | 25/11 - 16:15 | Corcubión |
San Lorenzo | 25/11 - 16:15 | Buño |
Dumbría B | 25/11 - 16:15 | Cabana |
Esteirana | 25/11 - 16:15 | Volantes |
Baio | 25/11 - 16:15 | Castriz |
Muros | 25/11 - 16:15 | Outes |
Mazaricos | 25/11 - 16:15 | Carnota |
Zas | 25/11 - 16:15 | Sofán |
Montelouro | 25/11 - 16:15 | Corme |
3ª Autonómica, xornada 13
Camelle | 24/11 - 16:15 | Ameixenda |
Castrelo | 24/11 - 16:30 | Baíñas |
Indep. Carballo | 24/11 - 18:30 | Porteño |
Fisterra B | 24/11 - 19:00 | Soneira B |
Lira | 25/11 - 16:15 | Nantón |
Muxía | 25/11 - 16:15 | Coristanco |
Corcoesto | 25/11 - 16:15 | Laxe |
Cerqueda | 25/11 - 17:00 | Alcaián |
- Descansa Xaviña.
Liga Xuvenil Sur, Gr.3, xornada 13
Soneira | 24/11 - 11:00 | Dumbría |
Corcubión | 24/11 - 16:15 | Fisterra |
Mazaricos | 24/11 - 16:15 | Muros |
Cee | 24/11 - 16:15 | Outes |
Esteirana | 24/11 - 16:15 | Xallas StComba |
Liga Xuvenil Norte, Gr.4, xornada 13
Malpica | 24/11 - 12:00 | Camariñas |
Muxía | 24/11 - 16:15 | Laxe |
Baio | 24/11 - 16:15 | Corme |
Zas | 24/11 - 16:15 | Ponteceso |
Coristanco | 24/11 - 16:15 | Cabana |
Liga Galega Cadete, xornada 11
Portuarios | 24/11 - 16:00 | Bergantiños |
Dumbría | 24/11 - 16:30 | Victoria B |
Liga Galega Infantil, xornada 12
Conxo | 24/11 - 12:00 | Dumbría |
Bergantiños | 24/11 - 16:15 | Lugo |
1ª Cadete, xornada 5
Muros | 24/11 - 10:30 | Coristanco |
Cee | 24/11 - 10:30 | Muxía |
Con. de Carnota | 24/11 - 10:30 | Baio |
Outes | 24/11 - 10:30 | Fisterra |
Esteirana | 24/11 - 11:30 | Cabana |
Porteño | 24/11 - 16:15 | Ponteceso |
Zas | 25/11 - 10:00 | Xallas StComba |
1ª Infantil, xornada 10
E.M.F. Vimianzo | 24/11 - 19:00 | Fisterra |
Cabana | 25/11 - 10:30 | Esteirana |
As Baleas | 25/11 - 10:30 | Xallas StComba |
Muxía | 25/11 - 10:30 | Baio |
Corme | 25/11 - 10:30 | Os Miudos |
Coristanco | 25/11 - 11:30 | Cee |
Ponteceso | 25/11 - 15:45 | Sofán |
- Descansa Outes;
- O Fisterra-Vimianzo alterou a orde e se disputa no Municipal de Vimianzo.
- Descansa Corcoesto.
- 2ª Division Senior Femenina: E.S. BAZARRA COSTA DA MORTE - C. B. SARRIA: 25-11 ás 12:00h.
- 3ª Division senior Masculino: BASKET RIBADULLA - OSO POLAR COSTA DA MORTE: 25-11 ás 10:00h.
- 2ª Division Cadete Femenina: BALONCESTO CAMBRE - ACB COSTA DA MORTE: 24-11 ás 12:00h.
- 2ª Division Cadete Masculino: ACB COSTA DA MORTE - SANTO DOMINGO BETANZOS: 24-11 ás 16:00h.
- 2ª Division Infantil Femenina: ACB COSTA DA MORTE - UNIVERSITARIO DE FERROL: 24-11 ás 18:00h.
- 2ª Division Infantil Masculino: CARBALLO BASKET - ACB COSTA DA MORTE: 24-11 ás 12:00h.
- Alevín Femenino: CORETI ETIQUETAS "A" - FERROATLANTICA COSTA DA MORTE: 24-11 ás 11:00h.
- Alevín Masculino: CARBALLO BASKET - FERROATLANTICA COSTA DA MORTE: 24-11 ás 11:00h.
- Chega o tempraneiro parte de sancións.
- O primeiro pleno en 6 anos da familia do U.C. Cee.
- Xuvenís: O Cabana bate co Malpica.
- 2ª Autonómica: Esteirana e Sofán manteñen o pulso.
- 1ª Autonómica: Un de terceiro e 3 en perigo.
- Preferente: Dura loita pola segunda praza.
- Resultados do fútbol da Costa.
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).
Ligas de Veteranos, xornada 11
1ª División
Castriz | 25/11 - 11:00 | Coristanco |
Nantón | 25/11 - 11:00 | Soneira |
Ponteceso | 25/11 - 11:00 | Bergantiños |
Baio | 25/11 - 11:00 | Bértoa |
Vimianzo | 25/11 - 11:00 | San Román |
Corcubión Vet. | 25/11 - 11:00 | Cabana |
San Lorenzo | 25/11 - 12:00 | Zas |
Xv. Bergantiños | 25/11 - 12:00 | Camariñas |
2ª División
Dep. Carballo | 25/11 - 10:00 | Muros |
Agualada | 25/11 - 11:00 | Sofán |
Cerqueda | 25/11 - 11:00 | Malpica |
Camelle | 25/11 - 11:00 | Laxe |
Buño | 25/11 - 11:00 | Corme |
Leiloio | 25/11 - 11:00 | At. Milagrosa |
Porteño | 25/11 - 12:00 | Poniente |
Comeza o Circuito de Xadrez Costa da Morte
Este domingo 25 de novembro ten lugar en Muxía o Torneo de Apertura do I Circuito de Xadrez da Costa da Morte, que organiza o Clube de Xadrez Cabo Touriñán. Mozos de toda a bisbarra chegaranse ao polideportivo muxián para mover ficha.
Taekwondo
Este sábado, os 24 deportistas do Clube Arte e Movemento clasificados do provincial da Copa Deputación, se desprazarán a Moaña, para A Copa Xunta de Galicia, onde se enfrontan os clasificados de cada provincia.
Surf en Lariño
Este domingo 25 de novembro, tras ser aprazada hai un par de semanas, celebrásese na praia do Faro a 5ª proba open de Bodyboard.
Fútbol Sala
1ª Provincial Feminina:
- Esteirana – Concello de Ponteceso F.S.F.: sábado 24/11/2012 ás 19:00 no Pavillón Jose Lago.
- Fisober F.S.F. “B” – C.D. Mabegondo. 24/11/2012 ás 17:00 no Municipal de Vimianzo.
Balonmán
- 1ª Autonómica Masculina: Este sábado ás 17:30 no Pavillón de Camariñas recibirán ao Atlético Guardés.
- 1ª Estatal: O Calvo segue co seu particular duelo cos equipos asturianos desprazándose a Avilés para xogar o sábado ás 18:00 horas ante o Cafés Tosca.
Baloncesto
Tenis de mesa
* 2ª galega grupo centro. En Sigüeiro (Oroso) o domingo dende as 9’30 h da mañá.
- Oroso Valoriza – Anorthosis Vimianzo;
- Panaderia Sigüeiro – Anorthosis Vimianzo.
* 3ª galega grupo noroeste. En Zas o sábado a partir das 16:00h.:
- Concello de Zas O Gaiteiro – Oroso Peluqueria Tije;
- Concello de Zas O Pinar – Oroso Peluqueria Tije.
Volei
Este sábado ás 12:00h o Voleibol Dumbría visita a cancha do líder da categoría, o Zalaeta da Coruña.
Os mozos, despois do descanso da semana pasada, xogan contra Santa Mª do Mar, os infantís ás 10:30 h e os cadetes ás 12:00 h.
Ademais, as infantís de Liga Galega xogarán o domingo 25 ás 11:00 no Pavillón Municipal de Dumbría fronte ao San Martiño de Orense.