Nova xornada completa de fútbol da Costa con 65 partidos en liza.
E comezamos o repaso pola Preferente, na que descansaba un Xallas de Santa Comba que ve como o Grixoa escapa. Os de Corredoira quedan 3º a 9 do líder, a 2 do Bertamiráns, e empatado con un Boiro que perdeu a opción de pasar aos xalleiros. O Dumbría chega agora á 5ª praza tras vencer o sábado ao Páramo, mentres que o Soneira non trouxo nada de Dubra queda 11º.
En 1ª hubo de todo. Onte o Fisterra, o que máis necesitaba os 3 puntos, remonto un 2-0 ao descanso arropado por un entregado Ara Solis e xa forma grupo cos seus veciños. Uns veciños, Camariñas e Ponteceso, que caían e se colocan en zona perigo. Os 3, con 13 puntos, están a só 2 dos postos de descenso directo. O Malpica sumaba un empate que lle vale para manter a 3ª praza.
A xornada na Liga da Costa foi intensa. A Esteirana sufría onte moitísimo nas Redondas, durante moitos minutos por detrás, para acabar goleando ao Cabana. Hoxe o Sofán fixo o propio ante todo un Corme que se metía 1-2 no Cairo, pero que acababa sucumbindo. Baio e Cee manteñen o pulso e quedan moi preto, mentres que as revelacións da tempada empataban en Lombáns e quedan tamén en postos nobles.
Por abaixo, o Muros saca a cabeza ata a 9ª praza, e importantísima vitoria do Corcubión, que escala varias posicións. Ademais, o Buño freou a reacción do Dumbría e pega tamén un estirón deixando a Outes e Mazaricos en situación comprometida, tras un 4-3 que permite aos da Serra pasar aos amarelos.
En 3ª, os 3 de arriba non perdoan. O Independiente superou a un Nantón algo débil, mentres que o Camelle vencía en Baíñas e o Porteño na casa ao Fisterra B. O Cerqueda batíu co Laxe e se mantén por detrás por diante dun Lira que está a amosar a súa mellor faciana nos últimos encontros, e que superaba a un Ameixenda que vai na liña contraria.
En Xuvenís, o partido da semana xogábase nas Redondas, onde o Cabana superou ao Malpica mesmo sacando a este dos 3 postos de ascenso. I é que o Ponteceso segue ao seu ritmo e o Baio tampouco perdoa.
Polo sur, os 4 de arriba non fallaron e as cousas seguen igua, malia que o Dumbría sufriu para remachar ao Corcubión e mais o fixo o Xallas c o Soneira, que marcou o tanto da vitoria co tempo cumplido.
Nas Ligas Galegas, o Dumbría segue arriba en Cadetes tras empatar en Conxo, mentres que en infantís é o Bergantiños o que pecha o podio.
As Ligas de Veteranos tamén están quentes. en 1ª, o Castriz mantén o liderato tras gañar en Nantón, pero Soneira e Cabana non se despegan. O partido da semana era o Corcubión-Xuv. Bergantiños, que venceron os carballeses pola minima desprazando da 4ª praza aos de San Marcos.
Preferente, xornada 13
| Dumbría | 1-0 | O Paramo |
| Dubra | 2-0 | Soneira |
- Descansa Xallas de Santa Comba.
1ª Autonómica, xornada 12
| Fisterra | 3-2 | Flavia |
| Puebla | 2-1 | Ponteceso |
| Villestro | 2-0 | Camariñas |
| Malpica | 1-1 | Unión |
2ª Autonómica, xornada 12
| Cabana | 2-5 | Esteirana |
| Cee | 3-0 | Montelouro |
| Corcubión | 2-1 | San Lorenzo |
| Volantes | 0-5 | Baio |
| Castriz | 1-3 | Muros |
| Carnota | 2-2 | Zas |
| Sofán | 3-2 | Corme |
| Buño | 7-2 | Dumbría B |
| Outes | 4-3 | Mazaricos |
3ª Autonómica, xornada 12
| Ameixenda | 0-3 | Lira |
| Laxe | 0-3 | Cerqueda |
| Baíñas | 1-3 | Camelle |
| Nantón | 0-2 | Indep. Carballo |
| Porteño | 3-0 | Fisterra B |
| Coristanco | 0-3 | Corcoesto |
| Alcaián | 3-1 | Xaviña |
| Soneira B | 3-1 | Muxía |
Ligas Xuvenís, Gr.3, xornada 12
| Fisterra | 5-1 | Mazaricos |
| Dumbría | 4-1 | Corcubión |
| Muros | 2-4 | Cee |
| Xallas StComba | 2-1 | Soneira |
| Outes | 1-2 | Esteirana |
Ligas Xuvenís, Gr.4, xornada 12
| Laxe | 1-3 | Baio |
| Cabana | 3-1 | Malpica |
| Corme | 4-0 | Zas |
| Camariñas | 1-0 | Muxía |
| Ponteceso | 4-1 | Coristanco |
Liga Galega Cadete, xornada10
| Bergantiños | 0-4 | Residencia |
| Conxo | 2-2 | Dumbría |
Liga Galega Infantil, xornada11
| Dumbría | 0-1 | Galicia Caranza |
| Viveiro | 1-2 | Bergantiños |
1ª Cadete, xornada 4
| Muros | 1-2 | Outes |
| Coristanco | 0-3 | Cee |
| Muxía | 4-0 | Zas |
| Baio | 0-7 | Fisterra |
| Xallas StComba | 1-5 | Esteirana |
| Cabana | 5-4 | Porteño |
| Ponteceso | 4-0 | Con. de Carnota |
1ª Infantil, xornada 9
| E.M.F. Vimianzo | 1-4 | Cabana |
| Cee | 9-0 | Ponteceso |
| Esteirana | 7-1 | Outes |
| Sofán | 0-9 | Fisterra |
| Xallas StComba | 2-1 | Coristanco |
| Baio | 2-5 | As Baleas |
| E.D. Os Miudos | 8-0 | Muxía |
Ligas de Veteranos, xornada 10
1ª División
| Soneira | 3-1 | Ponteceso |
| Bergantiños | 2-2 | Bértoa |
| Coristanco | 2-3 | Cabana |
| Nantón | 2-4 | Castriz |
| San Lorenzo | 1-1 | Baio |
| Zas | 7-3 | Vimianzo |
| Camariñas | 2-3 | San Román |
| Corcubión Vet. | 1-2 | Xv. Bergantiños |
2ª División
| Muros | 5-1 | Buño |
| Agualada | 1-1 | Leiloio |
| Malpica | 0-1 | Corcoesto |
| Laxe | 5-1 | Dep. Carballo |
| Corme | 1-7 | At. Milagrosa |
| Poniente | 1-3 | Camelle |
| Sofán | 3-3 | Cerqueda |
Máis información
Artigos deportivos
Crónicas da semana
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).
- Marcador Galego.