Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Axenda dunha fin de semana de loita contra o chapapote e a violencia de xénero

Axenda dunha fin de semana de loita contra o chapapote e a violencia de xénero
Axenda 23-11-12

Nova vin de semana esta última de novembro que chega cargada de cousas que facer. Unha fin de semana que ademais ten dous focos de atención: o décimo aniversario do Prestige e o Día Internacional contra a violencia de xénero.

Unha das citas máis singulares é a sentida e merecida Homenaxe que o Concello de Muxía lle brinda aos Voluntarios que devolveron o cor ás nosas costas. Haberá actividades dende a mañá cunha Xornada de Limpeza da ría e obradoiros para nenos de sostibilidade no mar, e pola tarde terá lugar a proxección de Isabel Coixet, ademais de diferentes charlas e un fantástico Festival de música tradicional.

O 25N, o Día Internacional contra a Violencia de Xénero tamén é protagonista. Nesa liña, o Concello de Vimianzo prantexa unha fermosa performance conxunta entre alumnos do IES e traballadores do Concello para crear un “xardín onde non medran as malas herbas”, que se completará cun contacontos. E tamén en Cee, o venres ás 12:00h procederase á lectura o manifesto polo 25N cando se soltarán 48 globos de cor lila, cada un con un nome dunha muller asesiñada no que vai deste ano 2012, para que non se olviden nunca.
Ademais, o sábado ás 20:00h terá lugar unha sesión de Teatro contra en Cee, un espectáculo chamado "Tacóns na Corda" que mestura teatro e música.
E o domingo, o propio 25N, a propia Asociación Feminista Buserana convoca unha concentración con lectura de Manifesto na Praza 8 de marzo ceense.

Pero outra das citas máis esperadas son II Xornadas sobre a figura do crego liberal don Juan Antonio Posse, que organiza a SEMESCOM con auténticos especialistas da zona en Vimianzo.

Xa en clave musical, e volvendo ao venres, poderemos ir ao Festival Folk "Ondas de Irmandade" en Carballo, con Faltriqueira e de Fol de Veneno. Ademais, tamén o venres teremos cita teatreira en Malpica co grupo Raigañas, e, como non, cine en Corme con Burt Lancaster en "El puente de Cassandra".

A golpe de sábado tamén poderemos ir ata Laxe onde se celebra o Magosto e a Feira de Artesanía que tivo que ser suspendida a semana pasada. Ou ao rico Magosto do Pindo, que artella a activa Asociación Pedramar.
No marco do Ciclo de Teatro de Ponteceso, a Casa dos Veciños do Couto acolle unha cita co teatro, con Malasombra. Mentres que no Outono Gastronómico de Vimianzo poderemos disfrutar dun Tributo a Sabina da man de Pablo Rubén.

Para o domingo, temos a última cita musical no Outono Cultural de Vimianzo, con Catro no Metro.


Máis información

Fonte

Comentarios