mércores. 30.04.2025
El tiempo

Completa Axenda deportiva da última fin de semana de novembro

Completa Axenda deportiva da última fin de semana de novembro
Cee-Montelouro-Foto-Jorge Parri

Nova fin de semana chea de deporte, esta última de novembro, marcada polo Día contra Violencia de Xénero e polo aniversario do Prestige. E se ben hai moito fútbol, coma sempre, estes días teremos unha actividade deportiva completa. Destacamos a apertura do Circuito de Xadrez da Costa da Morte, pero ademais haberá surf, volei, balonmán, baloncesto, fútbol sala, taekwondo, tenis de mesa...

Así que tras botar un ollo ao parte de sancións, repasamos a previa da xornada no #futboldacosta. E comezamos pola Preferente na que o XSC non poderá fallar na casa ante o Taboada, e o Soneira terá unha oportunidade de escapar do O Val. Ademais, o Dumbría terá o choque máis complicado, ante un Boiro empatado cos xalleiros e a 1 dos dumbrieses.

O partido da xornada xógase na , cun derbi Camariñas-Malpica que chega cun Malpica en forma, na 3ª praza, e un Camariñas en apuros, a tan só dous puntos do descenso, pero que conta cunha alta boa, a do goleador Alex, que chega do Dubra tras ser o pichichi das Ligas da Costa o ano pasado no Cerqueda, polo que seguro ademais do debut será un partido especial para el. Na mesma tesitura que os camariñáns están Fisterra e Ponteceso que terán que manter en casa si ou si os 3 puntos ante Amio e Estudiantil.

A 2ª Autonómica ten moitos focos, todos en horario oficial. Como ese derbi entre Cee e Corcubión que non se repetía dende hai 5 anos, e ao que ambos equipos chegan con moitas gañas. Teremos tamén derbi muradán, no que o Volantes querrá parar á Esteirana. Ademais a fin de semana acolle o partido entre os pechacancelas, Dumbría B e Cabana queren sacar a cabeza a flote.

A xornada na mira a un partido por roba de todos. 2º contra 1º enfróntase en Carballo onde o Inpendiente intentará frear ao Porteño, e rebasalo, nun partido ao que ambos chegan sen coñecer a derrota.
Ademais, o 3º, o Camelle terá en fronte a un Ameixenda que quere recuperar a senda da vitoria,e teremos un cruce de debutantes vimianceses, co Castrelo-Baíñas.

En xuvenís non haberá enfrontamentos directos, pero atentos que segue en marcha as LCFs dos máis pequenos. De feito, xa as temos actualizadas en www.futboldacosta.com.

Preferente, xornada 14

Xallas StComba 25/11 - 16:00 Taboada
Boiro 25/11 - 16:15 Dumbría
Soneira 25/11 - 17:00 O Val

1ª Autonómica, xornada 13

Fisterra 24/11 - 17:00 Amio
Camariñas 25/11 - 16:30 Malpica
Ponteceso 25/11 - 18:00 Ag. Estudiantil

2ª Autonómica, xornada 13

Cee 25/11 - 16:15 Corcubión
San Lorenzo 25/11 - 16:15 Buño
Dumbría B 25/11 - 16:15 Cabana
Esteirana 25/11 - 16:15 Volantes
Baio 25/11 - 16:15 Castriz
Muros 25/11 - 16:15 Outes
Mazaricos 25/11 - 16:15 Carnota
Zas 25/11 - 16:15 Sofán
Montelouro 25/11 - 16:15 Corme

3ª Autonómica, xornada 13

Camelle 24/11 - 16:15 Ameixenda
Castrelo 24/11 - 16:30 Baíñas
Indep. Carballo 24/11 - 18:30 Porteño
Fisterra B 24/11 - 19:00 Soneira B
Lira 25/11 - 16:15 Nantón
Muxía 25/11 - 16:15 Coristanco
Corcoesto 25/11 - 16:15 Laxe
Cerqueda 25/11 - 17:00 Alcaián
  • Descansa Xaviña.

Liga Xuvenil Sur, Gr.3, xornada 13

Soneira 24/11 - 11:00 Dumbría
Corcubión 24/11 - 16:15 Fisterra
Mazaricos 24/11 - 16:15 Muros
Cee 24/11 - 16:15 Outes
Esteirana 24/11 - 16:15 Xallas StComba

Liga Xuvenil Norte, Gr.4, xornada 13

Malpica 24/11 - 12:00 Camariñas
Muxía 24/11 - 16:15 Laxe
Baio 24/11 - 16:15 Corme
Zas 24/11 - 16:15 Ponteceso
Coristanco 24/11 - 16:15 Cabana

Liga Galega Cadete, xornada 11

Portuarios 24/11 - 16:00 Bergantiños
Dumbría 24/11 - 16:30 Victoria B

Liga Galega Infantil, xornada 12

Conxo 24/11 - 12:00 Dumbría
Bergantiños 24/11 - 16:15 Lugo

1ª Cadete, xornada 5

Muros 24/11 - 10:30 Coristanco
Cee 24/11 - 10:30 Muxía
Con. de Carnota 24/11 - 10:30 Baio
Outes 24/11 - 10:30 Fisterra
Esteirana 24/11 - 11:30 Cabana
Porteño 24/11 - 16:15 Ponteceso
Zas 25/11 - 10:00 Xallas StComba

1ª Infantil, xornada 10

E.M.F. Vimianzo 24/11 - 19:00 Fisterra
Cabana 25/11 - 10:30 Esteirana
As Baleas 25/11 - 10:30 Xallas StComba
Muxía 25/11 - 10:30 Baio
Corme 25/11 - 10:30 Os Miudos
Coristanco 25/11 - 11:30 Cee
Ponteceso 25/11 - 15:45 Sofán
Comentarios