Luns. 13.05.2024
El tiempo

Boa semana para os equipos de balonmán de Camariñas, Xiria e Xallas

Boa semana para os equipos de balonmán de Camariñas, Xiria e Xallas

Nova xornada de balonmán costeiro e hoxe tamén repasamos a actualidade dos equipos de base do Balonmán Xallas.
Mentres, en 1ª Autonómica, o Conservas Boya segue imparable, e foron dous puntos de ouro os que se traen de Ourense os camariñáns, que serven para consolidarse na cabeza da táboa. Así, o Bm. Camariñas, xunto co Rasoeiro, son os dous equipos practicamente clasificados, mentres que polas outras dúas prazas loitan o 6 do Nadal, Viña Costeira, At. Novás e o Ourense.

Ademais, o CB Camariñas Encaixe volveu a perder despois de outra mala 2ª metade, desta volta en Ourense, e sen porteira.

Pola súa banda, o Calvo Xiria, recibía a un dos equipos máis laureados da categoría, o Covadonga. E da man da súa afección, 375 xiriareiros arrouparon ao equipo no Municipal Vila de Noia, celebraron unha vitoria chegada nos últimos instantes. Un verdadeiro pracer para o Calvo Xiria competir ante unha afección entregada aos seus xogadores.

1ª Autonómica, xornada 9

  • Resultado: Pabellón Ourense - Balonmán Camariñas (27-29).
  • BM. CAMARIÑAS: Alex (p), Víctor (p), Fari (4), Marcos Bao, Iván Pan (1), Quin (2), Borja (7), Moncho, Catalán (3), Jacob, Xabi (2), Perón (8), Antelo, Fran Varela (2).

O equipo camariñán fixo un primeiro tempo moi bo cos seus dous laterais inspirados, que lle deron unha vantaxe de 5 goles xa no primeiro cuarto, para logo no segundo tempo dar entrada aos xogadores menos habituais e máis novos, que a pesar do que puidese indicar o resultado final, nunca o Camariñas viu ameazada a súa vitoria.

É fundamental que os titulares deixen minutos aos suplentes, pois estes son básicos para poder encarar unha segunda fase con garantías, xa que logo, é agora o momento de que asimilen o xogo e as rápidas transicións do conxunto conserveiro, pois aínda quedan catro partidos para finalizar a primeira fase, e cada cal, máis interesante.

1ª División Autonómica feminina

  • Resultado: Pabellón Ourense – CB Camariñas Encaixe (30-20)

Presentábase o CB Camariñas en Ourense co condicionante de ter que xogar unha xogadora de campo como porteira. Despois dun inicio titubeante no que as ourensanas fóronse no marcador de 4 goles, uns bos segundos 15 minutos tanto en defensa, controlando a súa pivote, como en ataque, ben organizado, permitiron darlle a volta ó resultado. Sólo os erros no lanzamento e os continuos erros arbitrais fixeron que as camariñanas non colleran unha ventaxe antes do descanso, indo ós vestuarios incluso por debaixo (14-13).

Pintaba ben o panorama para a 2ª metade xa que o equipo foi de menos a máis, pero inexplicablemente a cara amosada foi nada semellante ó visto anteriormente: erros de perda de balón, ataques cortos e mal orientados, perda de intensidade en defensa,… Paulatinamente a diferencia foi crecendo ata 7 goles, momento no que houbo una reacción visitante para poñerse a 4, pero outra serie de erros e decisións arbitrais fixeron que o resultado se abultase máis do que realmente se viu ó longo dos 60 minutos.

1ª División Estatal, xornada 9

  • Resultado: Calvo Xiria - R.G.C. Covadonga (25-24).
  • Calvo Xiria (13+12): Kike [p], Alex, Jesús, Sergio (5), Chimpo (7), Manuel (4), Cuco (3) -equipo inicial- Naya [p], Gonzalo (3), Mario, Dubra (2), Martín, Brais (1), Ramón.

Visitaba o Pavillón Municipal Vila de Noia un club con moita historia no balonmán español e que logo dunha fonda reestruturación volta este ano á categoría de bronce do balonmán español. Un equipo no que a parcela defensiva é primordial, ao igual que no caso do Calvo Xiria, e que se emprega con dureza para evitar situación sinxelas de lanzamento. Por parte carballesa entraba de novo en convocatoria Brais logo de superar os seus problemas físicos.

E o previsible guión do partido foi o que se mostrou na pista carballesa, agás nos primeiros dez minutos que foron de “demasiada” comodidade para os xogadores que desempeñaban funcións ofensivas.
Dous equipos moi fortes na faceta defensiva, con moito traballo individual e colectivo que puxo en serias dificultades aos xogadores con máis vocación ofensiva. Ningunha acción en ataque, por moi boa que fora, supuña unha vantaxe clara, e como non podía ser doutra forma o papel dos porteiros tamén foi destacado, avalado coma estaba polos seis xogadores que no día de hoxe foron un muro inexpugnable entre os seis e os nove metros, tanto por un coma por outro equipo.

Cas dificultades, moitas, para os lanzadores locais e visitantes, foi a inspiración individual o que permitiu ver goles no partido de hoxe. Logo de mandar no electrónico case todo o encontro viu coma o Covadonga no minuto 45 lograba un parcial favorable de 4 – 2 que facía que o marcador sinalase un 18-20 moi preocupante para os locais. A capacidade de sufrimento nos derradeiros catro minutos por parte carballesa foi o punto álxido a un grande encontro, as gañas de vitoria e o apoio incondicional dos seus seareiros fixeron que a situación dese a volta e os puntos fosen para o casilleiro do Calvo Xiria, na que supón a segunda vitoria consecutiva nesta competida liga de 1ª Estatal.

Cómpre destacar por bando carballés aos Kike, Sergio e Gonzalo.

Balonmán Xallas

As categorías inferiores de Bm Xallas seguen en marcha

División de Honra Infantil Feminina

  • Resultado: BM. Xallas - BM. Chapela (14-20)

As rapazas do Xallas fixeron que as líderes do grupo tiveran que gañarse con moito esforzo a victoria. A primeira parte foi bastante igualada chegando ó descanso cun resultado de 7-9. Na segunda parte as locais saíron un pouco máis despistadas e os númerosos erros nos últimos dez minutos fixeron que a derrota fose máis abultada do que se viu no terreo de xogo. As rapazas do Bm. Xallas terán que seguir traballando duro pois esta fin de semana enfrontaránse ao Bm. Viveiro en Santa Comba no último partido da primeira volta da división de honra infantil feminina.

2ª División Cadete Masculina

  • Resultado: BM. Xallas - A.D. Carballal “B” (31-26)

Chegou a segunda vitoria para o equipo cadete do Xallas. Os locais saíron moi concentrados desde o primeiro momento chegando a ter unha ventaxa de 6 goles a favor en algúns momentos. Uns erros de lanzamento nos últimos minutos da primeira parte fixeron que se chegase ó descanso cun 16-14 no marcador. Na segunda metade os do Xallas no perdoaron e todos aportaron o que poideron. Mantiveron as gañas que os caracteriza ata o último segundo o que permitiu conseguir a victoria. A próxima fin de semana enfróntanse ó Bm. Ribadosar en Santa Comba.

Vindeira cita

  • 1ª Autonómica Masculina: O vindeiro sábado ás 17:30 no Pavillón de Camariñas recibirán ao Atlético Guardés.
  • 1ª Autonómica Feminina:
  • 1ª Estatal: A vindeira xornada o Calvo segue co seu particular duelo cos equipos asturianos desprazándose a Avilés para xogar o sábado ás 18:00 horas ante o Cafés Tosca.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Notas de prensa do Balonmán Camariñas, do Balonmán Encaixe e do Calvo Xiria.

Comentarios