Doro, o novo Rei de Copas que #faiaLesma

Segue sendo Manolín o auténtico Rei de Copas. Ten 9, pero contando a súa longa carreira como adestrador. Porque se falamos de xogadores, Doro xa se sube ao alto do podio dos campións copeiros. O xalleiro acadaba o sábado a súa 5ª Copa da Costa, un número que só alcanza Manín, como nos conta Chema Rei, que malia non ter levado unha extricta contabilidade do palmarés copeiro dos xogadores, pensa que ata o sábado Manín era o xogador máis laureado (por favor, se non é así, facédenolo chegar).
O mítico fisterrán ten 5 Copas como xogador: 73-74 (Noia), 78-79 (Fisterra), 82-83 (Baio), e 87-88 e 88-89 (Corcubión).

Doro ten agora tamén 5, as 4 últimas consecutivas, curiosamente 3 delas levantadas no Platas Reinoso: 03-04 co At. Mineiro, e 12-13 e 14-15 co XSC, ademais das gañadas no Conco co Santa Comba en 2011-2012 e a do ano pasado en Fontenla co Dumbría.

Suman 4 xa os seus compañeiros Jota, Oscarín e Iván Couto, o porteiro que a pesar de ter só 17 anos tamén levantou estas últimas catro edicións, malia que na primeira non xogou. Outras 4 ten Iván Pequeño, 3 co Dumbría e unha co Lira.

Chema Rei cóntanos que con 3 títolos hai xa uns cantos: o porteiro xalleiro Arufe da primeira época gloriosa do Xallas; Sieso, Floreal, Marco, José Carlos, Llanero, Nico, Suso, Iago... e seguramente algún máis que se lle escapa, sobre todo de finais dos 70- comezos dos 80...

E para celebralo, #faialesma

A familia xalleira ten unha curiosa maneira de celebralo título. #Faialesma foi o lema da celebración, facendo referencia a unha broma de vestuario que demostra o bo rollo do cadro xalleiro. A mellor explicación, neste vídeo de Rubén Forján en plena execución. Para cando unha carreira?


Novas relacionadas

Finais da #CopadaCosta

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
Etiquetas