Doro, o novo Rei de Copas que #faiaLesma
Segue sendo Manolín o auténtico Rei de Copas. Ten 9, pero contando a súa longa carreira como adestrador. Porque se falamos de xogadores, Doro xa se sube ao alto do podio dos campións copeiros. O xalleiro acadaba o sábado a súa 5ª Copa da Costa, un número que só alcanza Manín, como nos conta Chema Rei, que malia non ter levado unha extricta contabilidade do palmarés copeiro dos xogadores, pensa que ata o sábado Manín era o xogador máis laureado (por favor, se non é así, facédenolo chegar).
O mítico fisterrán ten 5 Copas como xogador: 73-74 (Noia), 78-79 (Fisterra), 82-83 (Baio), e 87-88 e 88-89 (Corcubión).
Doro ten agora tamén 5, as 4 últimas consecutivas, curiosamente 3 delas levantadas no Platas Reinoso: 03-04 co At. Mineiro, e 12-13 e 14-15 co XSC, ademais das gañadas no Conco co Santa Comba en 2011-2012 e a do ano pasado en Fontenla co Dumbría.
Suman 4 xa os seus compañeiros Jota, Oscarín e Iván Couto, o porteiro que a pesar de ter só 17 anos tamén levantou estas últimas catro edicións, malia que na primeira non xogou. Outras 4 ten Iván Pequeño, 3 co Dumbría e unha co Lira.
Chema Rei cóntanos que con 3 títolos hai xa uns cantos: o porteiro xalleiro Arufe da primeira época gloriosa do Xallas; Sieso, Floreal, Marco, José Carlos, Llanero, Nico, Suso, Iago... e seguramente algún máis que se lle escapa, sobre todo de finais dos 70- comezos dos 80...
E para celebralo, #faialesma
A familia xalleira ten unha curiosa maneira de celebralo título. #Faialesma foi o lema da celebración, facendo referencia a unha broma de vestuario que demostra o bo rollo do cadro xalleiro. A mellor explicación, neste vídeo de Rubén Forján en plena execución. Para cando unha carreira?
Aínda non sabedes o que é o #Faialesma!!Rubén Forján fainos unha demostración na longa celebración nocturna do título da #CopadaCosta do XALLAS de SANTA COMBA C.F. no Neptuno xalleiro!
Posted by Fútbol da Costa on Martes, 30 de Xuño de 2015
Novas relacionadas
Finais da #CopadaCosta
- Final da Copa da Costa 2015: O XSC, campión da Copa da Costa tras superar ao Corme nunha intensísima final.
- Final Copa da Costa 2014: O Dumbría venceu en Fontenla e colle o relevo do XSC como Campión da Copa da Costa.
- Final Copa da Costa 2013: O Xallas de Santa Comba, campión da 50 edición da Copa da Costa.
- Final Copa da Costa 2012: Final da Copa da Costa 2012: Monocolor laranxa.
- Final Copa da Costa 2011: O Soneira campión da Copa da Costa 2011.
- Final Copa da Costa 2010: Vídeo da Final da Copa 2010 entre Dumbría e Cee.
- Final Copa da Costa 2009: As imaxes do Soneira Campión.
- Final Copa da Costa 2008: O Ponteceso leva a Copa da Costa 2008 nun final de película cómica.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).