Dumbría segue co seu verán deportivo cunha proba de ciclismo para a base
Seguindo coa programacion deportiva do verán, o Concello de Dumbría xunto co Club Ciclismo Dumbría, organizan para este sábado 1 de xuño, o 1º trofeo Concello de Dumbría de escolas e cadetes, unha competición para categorias de base na disciplina de ciclismo en carretera. Dita proba esta dentro do calendario anual da Federación Galega no tocante á ciclismo en carretera.
Clubes de toda a comunidade desplazaranse ata Dumbría cas categorías inferiores para desfrutar dun dia de puro ciclismo.
O clube local, logo da gran competición da pasada semana en Carballo, intentará mellorar dita actuación como anfitrións.
Dentro da competición, as categorías que van participar son: principinantes, alevín, infantil e cadete. Na categoria principiante, nenos/as entre os 6 e os 9 anos, amosaran as suas habilidades nun circuito con obstaculos donde os xuices voloraran as suas condicions. Para as categorias alevín, infantil e cadete, a competicion e xa mais especifica, ca bicicleta de carretera e percorrer un circuito marcado pola organización tendo que dar un numero de voltas en función da categoría.
As probas comezarán a partir das 16,30 h nas instalacións deportivas municipais do Conco, haberá trofeos para os gañadores e se o tempo acompaña os ciclistas poderan desfrutar da piscina municipal.
Novas relacionadas
- Zas xa prepara a súa II BTT para o San Xoán cun ollo no Desafío do Atlántico.
- Grandes personalidades buscarán o trofeo Pedra do Brazal do Desafío do Atlántico.
- Pequenos e maiores, a dúas rodas polos montes de Dumbría.
- Dumbría aposta polo ciclismo co Desafío do Atlántico.
- Dumbría prepara un verán deportivo de vertixe.
- Dumbría é Deporte.
- “O campo de slalom sería tan positivo como o Camiño de Santiago”.
- O Club Ciclista Dumbría xa é un dos máis numerosos de Galicia.
- Dumbría tamén supera a meteroloxía adversa e afianza a BTT no panorama galego.
- A Etapa da Fin do Mundo da Vuelta 2013 subirá o Ézaro e rematará en Fisterra.