Luns. 29.04.2024
El tiempo

Dumbría aposta polo ciclismo de montaña e de estrada cunha BTT e o Desafío do Atlántico

Dumbría aposta polo ciclismo de montaña e de estrada cunha BTT e o Desafío do Atlántico

Se onte viamos o completo verán deportivo que prepara o concello de Dumbría, hoxe centramos a atención no ciclismo, e sen fixarmos na Etapa da Fin do Mundo da Vuelta 2013, que xa é dicir.

I é que esta fin de semana é o Trofeo BTT de Dumbría, presentado no marco do Circuito Provincial BTT-XC, pero ademais o Concello xa pensa na súa 1ª Carreira Cicloturística "Desafío Do Atlántico", unha proba que se convertirá nunha das citas do ciclismo máis importantes de Galicia.

Mini BTT

Mini BTT Dumbria

No marco do Circuíto Provincial de BTT-XC que presentaba onte a Deputación, terá lugar este sábado 11 de maio o 1º Trofeo Dumbría Ralli e Mini BTT. Esta será a primeira das 5 carreiras do Circuito provincial, unhas citas que soen contar con máis de 200 inscritos cada unha. Estas competicións, tuteladas pola Federación Galega de Ciclismo, forman parte do circuito Galego na disciplina de btt. No referente ó mini btt as categorias son as seguintes: prebenxamín, promesas, principiante, alevín e infantil, que realizarán un circuito pechado de 800m con diferentes trazados e nun terreno adaptado para o btt, cada categoria ten un número de voltas asignado.

A cita partirá ás 15:00h do Conco, onde coma sempre se instalará o campo base, e pode participar de todas as idades, dende os máis pequenos aos master. O club local Ciclismo Dumbría, ten representación tanto en mini btt coma en ralli, cun total de 25 deportistas de diferentes idades.
Xa poden inscribirse antes do sábado chamando ao Concello dumbriés.

Desafío do Atlántico

Desafio do Atlantico Dumbria 2013

E a que de seguro imos ver nos telexornais é a "1ª Carreira Cicloturística. Desafío Do Atlántico – Mirador do Ézaro. O resto dos ciclistas". Unha proba que ten como obxectivo converterse nunha das citas máis importantes do ciclismo galego e consolidarse como unha proba habitual do calendario español de cicloturismo. E para iso a presentación oficial será o vindeiro martes 14 de maio, ás 12:00 horas, no Hostal Reis Católicos de Santiago de Compostela.

A proba disputarase o vindeiro sábado 8 de xuño, con saída en Dumbría e chegada ao alto do Ézaro, como a Vuelta do 2012. A marcha pasará polo fin do Camiño de Santiago e se reagrupará en Fisterra, transcorrendo nun marco incomparable como A Costa da Morte. O final desenvolverase no Mirador do Ézaro, unha subida de 1.800 metros de lonxitude cunha pendente media do 14,4%.

O Mirador do Ézaro será o epicentro dun percorrido que levará aos participantes por unha das zonas máis bonitas de Galicia e ao mesmo tempo lendaria, xa que un dos reagrupamientos farase no faro de Fisterra, antes da ascensión final ás duras rampas do Olimpo Celta onde os cicloturistas poderán revivir as sensacións que tivo o pelotón da Volta a España cando afrontou o 'muro da morte', unha rampa de cemento de 27 por cento de desnivel.

Na marcha mestúrase a práctica do ciclismo, así como a oportunidade de probar o estado físico dos participantes, polo que se optou por un sistema mixto novedoso que mestura tramos neutralizados (71 quilómetros en tres zonas diferentes) e libres (60 tamén tres zonas), polo que haberá dúas reagrupamientos, o mencionado de Fisterra e un en Mazaricos, tras pasar o embalse de río Xallas.

A inscripción para esta primeira edición, que está aberta a todos os afeccionados do ciclismo, ben sexa de xeito individual ou en clubs iniciouse o 1 de abril e estenderase ata o 5 de xuño, tres días antes da disputa da proba e poderase formalizar a través da web: www.desafiodelatlantico.es

Toda a información achega da marcha poderase seguir a través da páxina de Facebook "Desafío do Atlántico" e do Twitter @DesafodeAtlntic.

Máis información

Segue a actualidade do Concello de Dumbría dende o seu Facebook:

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios