Mércores. 11.12.2019
El tiempo

Dumbría é Deporte

Dumbría é Deporte

Xa temos apuntado aquelo de Dumbría é Cultura. Pero cando falamos de Dumbría temos que facelo en clave deportiva, i é que o Concello dumbriés vese reafirman do como unha potencia en numerosas disciplinas. Podemos falar de fútbol na Costa da Morte, pero tamén de piragüismo, volei, ciclismo ou mesmo atletismo, e sempre con denominador común: Dumbría.

Unha das claves é a aposta do Concello polo deporte en todas as súas ramas. E un exemplo tanxible son as instalacións do Conco, a envexa de toda a Costa da Morte con piscina, ximnasio, bar, biblioteca con internet, campo de fútbol, pavillón... Todo un luxo.
Outro exemplo claro, a liberdade e a confianza en grandes técnicos municipais deportivos, que convirte dumbría nunha canteira inagotable de deportistas.

Unha de fútbol dende a base

E comezamos polo fútbol. E o facemos por arriba, onde o CF Dumbría mantén o equipo na Preferente, o máis alto do fútbol da Costa xunto a Soneira e Xallas de Santa Comba e co permiso do Bergantiños de 3ª División. Pero este ano a atención estivo nas categorías inferiores.

Xa van varios anos dende que o clube prantexou a necesidade de meter aos seus equipos en categorías altas, e ante as críticas de moitos clubes da zona, leva formando pequenas seleccións costeiras nas últimas campañas. Este foi o cumio, cos ascensos de dos cadetes e infantís ás Ligas Galegas, igualando así á canteira do Bergantiños, a gran potencia e o espello onde mirarse na zona. Veremos como afrontan esta campaña os pequenos costeiros o salto de categoría.

Unha potencia estatal en Piragüismo

E se no fútbol Dumbría está a primeiro nivel galego, en piragüismo é toda unha potencia a nivel español. Xa está entre os 8 mellores clubes de España, e aínda quedou, hai nada, ás portas do seu primeiro Campionato de España. Un campionato que non tardará en chegar, iso seguro.

Cómpre destacar que son varios os rapaces que xa están adestrando no Centro de Tecnificación de Pontevedra, un paso máis para convertirse en profesionais do deporte, algo case que inédito na bisbarra.

O seu potencia en deportes acuáticos non queda aí, e por exemplo xa vimos como a Praia do Ézaro acollía o Campionato de Salvamento Acuático de Galicia.

Primeiro nivel en Volei

Expedición do Volei Dumbría-Manuela Rial de viaxe no Campionato de España de Guadalaxara

O mesmo podemos dicir dos equipos do Volei Dumbría e Manuela Rial, que este ano, tras comeptir en categorías nacionais, mesmo quedaron entre os 9 mellores equipos de toda España en categoría infantil. A canteira ceense-dumbriesa segue a ser inagotable, con varios xogadores na Selección Galega.

Ademais, o Ézaro tamén é unha referencia en materia de volei praia e mesmo acolle probas do Circuito Galego.

E por se fóra pouco, a colaboración co Manuela Rial é tamén chave en atletismo e moitos dos mozos do centro ceense están a primeiro nivel provincial na disciplina.

Ciclismo en auxe

Varios dos ciclistas dumbrieses durante a presnetación do clube o ano pasado

E ollo co ciclismo, que con tan só 1 ano de vida xa é un dos clubes máis numerosos de Galicia. Polo de pronto mantense competindo en diferentes probas, e artellando a BTT dumbriesa, que xa é unha referencia en todo o país.

E que dicir de que este ano, por primeira vez, La Vuelta pasará pola Costa da Morte e o fará cun espectacular final de etapa no alto do Ézaro, para o que xa están acreditados 150 países.

Haberá que estar atento que de seguro comezan a traernos alegrías en breve.

Deporfesta

E por ter, teñen tempo para festas multideportivas, como a Festa da Praia do Ézaro, na que o fútbol praia e o volei praia son auténticos protagonistas.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios