Nova fin de semana con sabor a fútbol da Costa. Tras ver o que nos trae o Depor Sport, e coñecer máis de preto ao xuvenil do Malpica Juny, afrontamos 2 días repletos de partidos. E moitos interesantes, como o derbi Dumbría-Santa Comba da Preferente, no que os dumbrieses queren xa afianzarse na parte media da táboa, e os xalleiros queren seguir en postos de ascenso. Soneira e Xallas terán encontros complicados: os vimianceses buscarán afundir ao Ribadeo; e o Xallas quere distanciar ao Grixoa.
Na 1ª, o Cee poderá facerlle un favor ao Ponteceso vencendo ao pechacancelas, mentres que os de Berto, necesitados dun pouco máis de sorte, queren conseguir os seus primeiros 3 puntos ante o Eume.
Xa na Liga da Costa teremos o partido da fin de semana: Camariñas-Club do Mar, dous dos chamados a estar arriba. E na 3ª, Outes e Montelouro queren seguir con boa racha, mentres que o partidazo da xornada será o Cerqueda-Alcaián.