Venres. 19.04.2024
El tiempo

Xuvenil Norte: Unha doble Liga

Xuvenil Norte: Unha doble Liga

Parece que, coma o ano pasado, vai haber dúas ligas diferenciadas nesta Xuvenil Norte. De novo varias goleadas esta xornada, con especial protagonismo, e xa empeza a ser habitual, do Dumbría B. Os de Ángel Canosa endosaron 8 a un moi noviño Laxe, e xa van 20 goles a favor e 1 en contra en tan só 3 partidos. "Pero isto acaba de empezar", reflexiona o míster dumbriés.
Por enriba aínda está o Malpica, que cun partido máis suma 10 puntos e uns mos bos números (16 goles a favor e 2 en contra). Os malpicáns tiveron unha boa pedra de toque en Zas, onde malia sufrir demostraron a súa eficacia e acabaron goleando. E parece que o Cabana tamén estará aí, e esta semana puido cun pobre Muxía.

Por outro lado, podemos destacar o fútbol visto no Platas Reinoso, onde Baio e Ponteceso demostraron que na Costa tamén hai gusto polo fútbol de toque.

Baio - Ponteceso (2-1)

  • BAIO: Guillermo, Maikel, Iago, David, José Manuel, Rafa (Edgar, min.75), Fachal, Bieito, Valetín, Lucas (Silvariño, min.70), Martín (Marcos, min.80).
  • PONTECESO: Xurxo, Dani Valle, Jorge, Diego Collazo, Fabián, Dani Cotelo (Jonhatan), Alberto Recarey, Iago (Guille), Borja (Eloi Campo), Puente, Cristian.
  • Goles: 1-0, min.30: Valentín de volea; 2-0, min.35: Bieito tras un roubo no medio campo; 2-1, min.75: Jorge.

Partido moi bonito no Platas Reinoso con dous equipos que gustan de tocar o balón, e no que o Baio foi máis eficaz. Sobre todo este noviño Ponteceso de Mato, que está a xuntar un grupo moi bo, moi implicado e con moito futuro (só acaban 2 este ano a época xuvenil e chega unha boa camada de cadetes). Iso si, por agora fáltalles un toque de competitividade, pero entrementres que aprendan o máis importante: o fútbol, algo que ás veces se nos esquece.

O Ponteceso tocaba e tocaba intentando sempre saír co balón xogado. Saíron moi ben da presión baiesa, pero dous erros foron aproveitados polos locais, que roubaron e marcaron á contra. Polo outro lado o Ponteceso apenas creaba perigo e só a falta de 15 minutos puido recurtar. Ao final, inquedou a meta de Guillermo nun par de ocasións a balón parado pero o empate parecía lonxe.

Zas - Malpica (1-4)

  • ZAS: Miki (Tívoli, min.66), Kevin, Esteban (Iago, min.79), Oli, Amado, Quintáns, Josito, Óscar, Pastor, Isma e Víctor.
  • MALPICA: Jesús, Miguel Ángel (Canario, min.88), Jorge, Javier, Pepis, Joro (Diego, min.80), Juny (M. Maradona, min.69), Quintas (Camilo, min.46), M. Uruguaio, Adra e Eme.
  • Goles: 0-1, min.18: Juny a centro de Eme; 0-2, min.48: M. Uruguaio de volea tras unha boa xogada de Adra; 1-2, min.54: Isma de cabeza nun córner; 1-3, min.72: Camilo de cabeza a unha falta lateral; 1-4, min.90: M. Maradona.
  • Lesións: O porteiro local Miki e o medio visitante Joro, tiveron que retirarse con leves lesións musculares.

Non foi nin menos un encontro tras desigual como sinala o marcador. Os zaenses prantaron en todo momento, e só a eficacia da dianteira malpicá decantou a balanza. A primeira metade estivo máis controlada polos visitantes. Adra e Miki xa avisaran e Juny fixo efectiva a superioridade inicial. O Zas espertaba a foi polo partido aguantando toda a primeira metade e mesmo merecendo o empate con varias ocasións de Víctor. Á volta do descanso foi o Malpica quen ampliou vantaxe, malia que a iniciativa sempre foi dos locais. As contras malpicás foron letais e o Zas só puido recurtar distancias pero veu como unha xogada a balón parado e unha contra sentenciaban o choque.

Cabana – Muxía (4-1)

  • CABANA: Sergio, Valiña (Alex Mato), Duda, Pazos, Manu, Pablo, Aless (Dani) (Roman), Miki, Cristian (Francés), Moreno, Iván.
  • MUXÍA: Cristian, Antoniño, Fran Bello (Fran Pérez, min.55), Fabian, José Ramón, Julian, Santi Negro, Ismael (Andrés, min.70), Pesqui, Felipe (Brais, min.46), e Fran Sambad.
  • Goles: 0-1, min.5: Pesqui; 1-1, min.25: Miki: 2-1, min.55: Pablo; 3-1, min.65: Moreno; 4-1, min.75: Moreno.

Boa primeira metade dos muxiáns, que en canto remataron as forzas decaeu. O Cabana foi tomando o control do choque ata que foron chegando os goles, e acabou dominando por completo.

Corme - Coristanco (1-1)

  • CORME: Javi, Sergio (Eloy Castro), Iván, Alejiño, Koeman, Pejo, Dani (Alex), Antoniño, Eloy (Dani Chans), Brais, Juanma.
  • CORISTANCO: Nacho, Corral, Martínez, Pichel, Naya, Gonzalo, Brais (Cristian, min.60) (Sergio, min.70), Dani, Martín (Adrián.55), Rubén, Magovi.
  • Goles: 0-1, min.25: Magovi; 1-1, min.60: Juanma tras un pase longo.

O marcador reflexa a igualdade do choque bergantiñán, no que se cadra, o Coristanco puido sacar algo máis. I é que os cormeláns estaban máis pendentes da Festa de Fin de Ano adiantada que do choque. Adiantouse o cadro de Lorenzo por medio de Magovi, un dos descartes do Bergantiños que seguro que dá que falar nesta liga. Outro dos que seguro oímos de novo é o pequeno meta Nacho, cunhas formas e xestos espectaculares.

Non chegou o empate do Corme ata a segunda metade, cando na segunda chegada dos locais Juanma aproveitaba un pase longo para batir no man a man a Nacho. Entrementres o Coristanco seguía chegando cun Corral dende o lateral que a base de brega chegaba ata a liña de fondo, provocando ocasións como as que fallaron Cristian e o propio Magovi xa contra o final.

Laxe - Dumbría B (0-8)

  • LAXE: Anxo, Yamel, Roberto, Daniel, Adrián Suárez, Eloy (Pablo, min.85), Martín Rellán, Mosqueira (Adelantado, min.65), Adrián Lema (Carlos, min.75, Manu, Carril.
  • DUMBRÍA B: Brais, Cristian (Adrián Patera, min.46), Toja, Andi, Isma, Adrián Alcaina, Pereira, Josiño, Rodrigo, Picallo, Mario (Iago, min.46).
  • Goles: Rodrigo (6 goles), Mario e Josiño.

Partido sen moita historia entre este poderoso Dumbría B e un Laxe que non puido conter o xogo dos de Angel Canosa. Ademais, saíulle todo ben esta xornada, cun Rodrigo enchufadísimo, que ás veces falla pero esta xornada meteunas todas. Na segunda intentou subir liñas o Laxe pero as contras do Dumbría aínda foron máis perigosas.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios