Venres. 19.04.2024
El tiempo

1ª Autonómica: Adaptándose

1ª Autonómica: Adaptándose

Xornada 4 e os nosos non acaban de arrincar. Cee e Ponteceso seguen en proceso de estabilidade, e esta semana non puideron sumar o que quixeran. O Cee tivo a vitoria na man, e acadar uns 3 puntos que lle darían moita tranquilidade, pero quedou cun empate que sabe a pouco. Pola outra banda, o Ponteceso está a sufrir unha plaga de baixas que non lle permiten aos de Berto acadar o ritmo de competición axeitado.

Cee - Vizoño (2-2)

  • Cee: Parroto, Fiuza (Penedo, min.73), Rafa, Julio, Luís, Fermín, Piquero, Miguel (Diego, min.87), Fer, Angeliño, Nico.
  • Goles: 1-0, min.6: Angeliño 1-1, min.50. 2-1, min.60: Miguel de penalti. 2-2, min.70: de penalti.
  • Expulsión: Angeliño por protestar.

Repartición de puntos nun entretido partido. Os ceenses que se adiantaron por dúas veces no marcador, non foron capaces de matar un partido no que foron mellores que o rival.

Os de Pato xa comezaron moi superiores no campo, creando moito perigo con Ángel, Fernado e Miguel. O Vizoño só inquedaba a Parroto ao Cee en chegadas esporádicas. Tralo gol inicial de Angeliño, o Cee controlou o resto da primeira metade sen apenas apuros.

Pero á volta do descanso, chegaba o gol da igualada. E chegaba con protestas no bando local pois o asistente levantaba a bandeira sen facerlle caso o colexiado Zas Vázquez. Eran minutos de constantes alternativas en cada área, pero os goles só chegaron dende os 11 metros.

No treiro final o Cee dispuxo de boas ocasións para quedar cos 3 puntos. Sobre todo a que tivo Piquero no último suspiro, cando tras un tiro de Diego, o propio Piquero interpúñase entre o balón e a meta, pero ao intentar aproveitar o rexeite un defensa paraba o balón co brazo. O árbitro non sinalou nada.

Olímpico - Ponteceso (3-1)

  • Ponteceso: Norberto, Rubén (Alberto, min.60), David, Fabián, Dani Pallas, Pablo Vázquez, Carlos Mato, Rubio (Borja, min.70), Toniño, Nando (Puente, min.60), Luisete.
  • Goles: 0-1, min.5: Luisete; 1-1, min.30; 2-1, min.55; 3-1, min.87.

Demasiadas baixas (ata 8) coas que conta Berto neste comezo de campaña. Onte chegaban a Vilaboa con 11 xustos, e varios xuvenís completando a convocatoria.
Así e todo comezaron ben as cousas para os costeiros. Luisete marcaba aos 4 minutos, e co 0-1, o propio punta marrou unha ocasión moi clara para poñer terra de por medio. Eran os mellores momentos dos de Berto que durante 20 minutos controlaron o tempo do partido.

Pero empatou o Olímpico á media hora, e o partido deu a volta. Aguantou o Ponteceso o envite local nese último treito de primeira parte, pero na segunda, con superioridade física sobre os mermados pontecesáns, o equipo local dominou por completo. Aínda así o cadro visitante tivo preto o empate co 2-1, pero nin Puente nin Luisete acertaron.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
  • Foto do Cee-Vizoño Unión Clube Cee.
  • Comentarios