![Santa Comba-Xallas-Foto-Fb do Xallas]() 
Esta fin de semana quedou marcada pola morte de 2 rapaces de 20 anos nun accidente de tráfico en Corcubión, ocorrido na madrugada do sábado ao domingo. O fútbol da Costa púxose de loito e, de feito, o Montelouro-Carnota foi suspendido pois un dos falecidos era carnotán.
A xornada chegou con máis incidencias, como a lesión de Miguel Camarón, que rompeu un pé e tivo que saír en ambulancia.
E xa centrándonos no fútbol, o partido da semana era ese derbi xalleiro, onde o cadro laranxa puido co verde nun ambiente de auténtica festa. Con todo, o poderoso Santa Comba non foi moi superior ao cadro de Iván Cancela, pero con estes 3 puntos xa se mete no podio.
O que si venceu con claridade foi o Soneira, que sumou a primeira vitoria da temporada e xa alcanza a un Dumbría que volveu de Viveiro cun puntiño.
Na 1ª Autonómica, non foron boas as novas dos nosos. O Cee, tras adiantarse dúas veces ante o Vizoño, quedou cun só punto no peto. Peor lle foron as cousas ao Ponteceso, que con 11 xustos máis varios xuvenís, volvía de baleiro de Vilaboa.
![Fernando no Cee-Vizono - Foto-UC Cee]() 
A Liga da Costa segue como estaba. O Club do Mar segue dando argumentos para situalo como gran favorito. Pero por detrás, Dumbría B, Malpica e Camariñas demostraron que non llo van deixar fácil e volveron sumar 3 puntos ante Nantón, O Pindo e Corme.
Por abaixo, O Pindo segue sen sumar, con Corcubión e San Lorenzo cun só punto. O Mazaricos dá síntomas de mellora co seu empate en Zas.
A 3ª Autonómica chega marcada polo suceso e a suspensión do partido da xornada entre o ata onte líder e o aspirante Carnota. Agora ocupa o primeiro posto un Outes que parece ir en serio e hoxe facía 8 ao filial fisterrán. O Alcaián segue apuntando alto e sufría pero superaba pola mínima ao Independiente, igual que o Porteño co Soneira B. Cabana, Cerqueda (que descansaba) e Volantes tamén amosan a cabeza por arriba.
Nas Ligas xuvenís vanse marcando diferencias. Polo Norte o Dumbría B segue abusando, pero nin Malpica nin Cabana vanllo poñer fácil. Polo Sur, o Cee é o que mellor comeza, co Outes pegado.
Preferente Norte, xornada 5
| Soneira | 2-0 | Bertamiráns | 
| Santa Comba | 2-0 | Xallas | 
| Viveiro | 2-2 | Dumbría | 
1ª Autonómica, xornada 4
| Cee | 2-2 | Vizoño | 
| Olímpico | 3-1 | Ponteceso | 
2ª Autonómica, xornada 4
| Fisterra | 4-2 | Corcubión | 
| Club do Mar | 4-2 | Baio | 
| Esteirana | 2-2 | Castriz | 
| Sofán | 2-2 | Buño | 
| Malpica | 4-1 | O Pindo | 
| Dumbría B | 4-2 | Nantón | 
| Zas | 1-1 | Mazaricos | 
| Muros | 2-0 | San Lorenzo | 
| Corme | 0-3 | Camariñas | 
3ª Autonómica, xornada 5
| Atl. Pereiriña | 0-1 | Xaviña | 
 
| Volantes | 4-1 | Lira | 
| Muxía | 0-5 | Cabana | 
| Coristanco | 2-3 | Laxe | 
| Montelouro | Susp. | Carnota | 
| Corcoesto | 4-7 | Camelle | 
| Outes | 8-0 | Fisterra B | 
| Porteño | 1-0 | Soneira B | 
| Alcaián | 1-0 | Indep. Carballo | 
Liga Nacional Xuvenil, xornada 2
| Calasancio | 2-1 | Bergantiños | 
Liga Xuvenil Sur, Gr.3, xornada 2
| Esteirana | 0-4 | Cee | 
| Dumbría | 2-2 | Santa Comba | 
| Muros | 0-3 | Outes | 
| Corcubión | 5-1 | Mazaricos | 
| Fisterra | 4-2 | Soneira | 
Liga Xuvenil Norte, Gr.4, xornada 4
| Laxe | 0-8 | Dumbría B | 
| Zas | 1-4 | Malpica | 
| Baio | 2-1 | Ponteceso | 
| Cabana | 4-1 | Muxía | 
| Corme | 1-1 | Coristanco | 
División de Horna Cadete, xornada 2
| Bergantiños | 2-1 | Colegio Hogar | 
2ª Autonómica Cadete, xornada 2
| Fisterra | 2-3 | Cabana | 
| Esteirana | 1-2 | Soneira | 
| Ponteceso | 2-1 | Muros | 
| Zas | 0-11 | Camariñas | 
| Dumbría | 5-1 | Baio | 
| Malpica | 1-1 | Outes | 
| Muxía | 2-12 | Cee | 
| Coristanco | 0-7 | Santa Comba | 
2ª Autonómica Infantil, xornada 2
| Coristanco | 24/09 - 11:30 | E.D. Os Miudos | 
| Esteirana | 10-2 | Baio | 
| E.M.F. Vimianzo | 0-7 | Santa Comba | 
 
| Con. de Carnota | 2-5 | Cee | 
| Corme | 7-1 | As Baleas | 
| Cabana | 5-2 | Outes | 
| Fisterra | 3-1 | Muxía | 
Ligas de Veteranos, xornada 3
1ª División
| Castriz | 4-0 | Vimianzo | 
| Camariñas | 1-3 | Xv. Bergantiños | 
| Baio | 3-3 | Cabana | 
| Bergantiños | 2-0 | Nantón | 
| Corcubión | 4-0 | Buño | 
| San Lorenzo | 1-0 | San Román | 
| Ponteceso | 1-3 | Bértoa | 
2ª División
| Dep. Carballo | 52 | Porteño | 
| At. Milagrosa | 2-1 | Malpica | 
| Corcoesto | 0-0 | Leiloio | 
| Coristanco | 6-1 | Agualada | 
| Club do Mar | 1-3 | Camelle | 
| Cerqueda | 3-1 | Muros | 
| Corme | 12-10-2011 | Sofán | 
Novas relacionadas
Máis información
Novas relacionadas
Máis novas
Fonte