Preferente: A comarca do Xallas toma o protagonismo

14:06 26/09/11
O derbi xalleiro entre Santa Comba e Xallas copou a atención da 5ª xornada na Preferente Norte. Os dous equipos comezaron a campaña dun xeito moi positivo, e a xornada deixou ao Santa Comba xa como claro favorito a retornar á 3ª, e confirma ao Xallas como un gran equipo a bater.
Polo demais, a boa nota chega dende Vimianzo, onde o Soneira acadou a súa primeira vitoria da tempada ante o Bertamiráns. O Dumbría segue sumando, pouco a pouco, e trouxo un punto tras controlar boa parte do partido en Viveiro.
Santa Comba - Xallas (2-0)

- Santa Comba: Diego, Chinda, Amoedo, Damián (Iván Facal, min.30), Gonzalo, Jota (Oscar, min.84), Doro, Toni, Pablo Baña (Noli, min.57), Julián e Colón (David Blanco, min.50).
- Xallas: Cheli, Ismael, Iván Forján (Ricardo, min.81), Becerra, Rubio, Martín Barreiro, Rubén, Brais (Álvaro Cancela, min.60), Alexandre (Adrián Prol, min.69), Luís e Iván Amor (Aitor, min.75).
- Goles: 1-0, min.75: Julián; 2-0, min.80: Toni.

Viveiro - Dumbría (1-1)
- Dumbría: Juan Purrúa, Iván Pequeño (Toni, min.60), Tantán (Isma, min.80), Aarón II, Suso, Iago, Schuster (Riki, min.65), Aarón, Jesús (Eloy, min.46), Luisito e Adrián Mackaay (Chula, min.65).
- Goles: 1-0, min.50: Aurelio; 1-1, min.53: en propia meta.
Soneira - Bertamiráns (2-0)

- Soneira: Jose Angel, Mayor (Manuel, min.77), Pablo, Vecino, Modesto, Santi, Víctor García, Míchel, Fran de Urroa (Chans, min.87), Jorge Vigo (Brais, min.70) e Vía (Iago, min.85).
- Goles: 1-0, min.9: Vía; 2-0, min.37: Santi.

Máis información
Novas relacionadas
Máis novas
- Pablo Mouro: Primeiros Auxilios Básicos (I).
- Vídeo entrevista de Ángel Garrido a Alberto Pose.
- Vídeo entrevista a Manolo Varela por Angel Garrido.
- Vimianzo lembrou a Martín Pena.
- O Plan Competicional e a Liga á carta.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).
- Foto do derbi xalleiro de Santi Díaz para o Facebook do Xallas.