Fontenla acolleu unha doble festa do fútbol base costeiro

Se a semana pasada Zas e Sofán foron as capitais do fútbol base costeiro, esta tocoulle a Santa Comba. Completísimo o II Torneo de Fútbol Base XSC 2015. Centos de rapaces disfrutaron dun sábado espectacular, cun tempo fantástico, e das instalacións do campo de Fontenla, para gozar facendo o que máis lles gusta, xogar ao fútbol.

O sábado tocaba un torneo de F8 para as categorías Prebenxamín, Benxamín e Alevín, e do domingo de Cadetes. Para o do sábado, contábase coa participación de 6 grandes equipos: Os Luís Calvo, Sofán, Outes, A Baña, Esteirana, Lira, Zas e o propio cadro xalleiro. Houbo campións de todas as cores, quedando así os resultados:

Torneo Alevín

  • 1º - Luís Calvo.
  • 2º - Outes.
  • 3º - XSC.
  • 4º - Sofán.

Torneo Benxamín

  • 1º - Sofán.
  • 2º - Outes.
  • 3º - XSC A.
  • 4º - XSC B.

Torneo Prebenxamín

  • 1º - Cee.
  • 2º - XSC.
  • 3º - Outes.
  • 4º - Sofán.

Outros premios

Houbo outros, premios, como de Mellor Xogador, que levaron, nas diferentes categorías:

  • Mellor Xogador Alevín: Andrés, do Luís Calvo.
  • Mellor Xogador Bexamín: Óscar Iglesias, do XSC B.
  • Mellor Xogador Prebenxamín: Fran, do XSC.

Os Mellores porteiros foron:

  • Mellor Porteiro Alevín: Rubén, do Luis Calvo.
  • Mellor Porteiro Benxamín: Manuel Tuñas, do Outes.
  • Mellor Porteiro Prebenxamín: Gabriel, do Cee.

Triangular de Cadetes

Fantástico Triagunlar de Cadetes cos tres mellores equipos da categoría. O domingo, Fontenla acollía este torneo, ben vivido, con nomes propios como Marcos Mouro, ex do XSC agora capitán do equipo dumbriés da División de Honra, e que ademais foi nomeado mellor xogador do torneo. O mellor porteiro, Rubén, do XSC.

Os resultados foron os seguintes:

  • Dumbría - Corme (2-0)
  • XSC - Corme (6-0)
  • XSC - Dumbría (0-2)

Deste xeito, o Dumbría proclamouse campión o Dumbría, por diante do XSC e do Corme.

A vindeira cita, a final da Copa de F8 no Cunchido.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).