Luns. 29.04.2024
El tiempo

XSC e Cee disfrutan dos títulos de Campións da Copa da Costa

XSC e Cee disfrutan dos títulos de Campións da Copa da Costa
O XSC CAMPION da Copa da Costa Infantil 2015-Foto-XSC

Fermosa a mañá dominical en San Andrés. O campo zaense acollía as Finais das Copa da Costa Cadete e Infantil. O Cee e o Corme reeditaban a final do ano pasado en infantís, e a igualdade foi tremenda, quedando o título para o Cee, e impedindo que o cadro cormelán sumase o doblete.

Si demostrou a súa superioridade o XSC na final infantil ante o Outes e suma así un bo doblete que se pode completar co ascenso.

I é que Corme e XSC, como campións das ligas, afrontan xa a Fase de Ascenso ás Ligas Galegas, para as que xa coñecen aos seus rivais.

Gran Ambiente en San Andres para as finais de Copa da Costa Inf e Cad

Copa da Costa Cadete, Final

  • Resultado : Corme - Cee (2-3)
Cee Campion da Copa da Costa Cadete 2015

Fantástica final a vivida en San Andrés. Un choque con alternativas que arrincaba cun tanto dende os 11 metros do capitán cormelán, Manu Bermúdez, santo e seña deste equipo e un dos que xa disputan minutos na 1ª. Pronto empataba o Cee por medio de Xabier, pero Samu, outro dos que xogan co primeiro equipo, pula de novo ao Corme en vantaxe. O partido estaba tolo e á media hora de novo Xabier empataba para o Cee.

Empezaba o Cee empurrando pero nunha contra Xabier completaba o seu triplete metía o 2-3, e de aí o final o Corme volcouse sobre a meta ceense, pero o porteiro José Carlos e o longueiro impediu que o partido fose á prórroga.

Volveu gañar o Cee, que xa fixera o doblete o ano pasado.

O Corme subcampion da Copa da Costa 2015

Copa da Costa Infantil, Final

  • Resultado : XSC - Outes (6-1)
CAMPIÓNS COPA INFANTIL 14/15

Final Copa Fútbol da Costa

Posted by XALLAS de SANTA COMBA C.F. on Domingo, 10 de Maio de 2015

Non tivo rival o actual campión de Liga, e iso que o Outes comezaba sorprendendo e meténdose por diante cun tanto de Iván. Pero asumiu o mando o equipo Adrián, máis coñecido como “R”, habital co equipo da Liga Galega Cadete, un deses xogadores con presencia, que fixo nada menos que 5 goles. 2 na primeira para darlle a volta ao marcador, e outros 3 na segunda para matar o partido, conseguir o doble e seguir soñando co ascenso.

Un xogador do Outes na final co XSC-FoTO-XSC O XSC campión da Copa da Costa Infantil-Foto-XSC

Novas relacionadas

Primeiros títulos colleitados

áis información

Fonte

Comentarios