Luns. 29.04.2024
El tiempo

O Cee suma outro título cos Alevíns de F8

O Cee suma outro título cos Alevíns de F8
Cee Campion en Alevins de F8

Esta semana o Cee celebraba o título, case que compartido co Outes, dos Prebenxamíns. E esta, a familia ceense adiantaba a última xornada (pola disputa da fase comarcal das LCFs na que xogan os mesmos rapaces) para o xoves. E non fallaba na súa visita ás Eiroas, vencendo ao Sofán, por 0-2 e facendo inútil a vitoria, tamén do Outes, ante as Baleas.

Os números dos dous equipos son tamén impresionantes, como en Prebenxamíns. O campión só perdeu 3 puntos dos 78 en xogo, na xornada 4 perdendo precisamente ante o Outes. Mentres o Outes caía en Cee tamén pola mínima pero a Liga se lle escaou nun empate na xornada 10 ante a Esteirana, terceira ao final de Liga.

En canto a goles, o Cee sumou 173 goles a favor e, ollo, só 14 en contra; mentres o OUtes marcou 144 tantos e recibiu 29. Números de campionato.

Toda felicitar de novo aos de Nando, e a todos eses pequenos futbolistas: Pablo Oreiro (porteiro), Alejandro Castro, Brais Conde, Leandro J. Coo (o capi), Xabier García, Diego Rodríguez, Danuel González Chao, Anxo Pose, Jorge Trillo, Iago Trillo, Santiago Vázquez e Pablo Rey, ademais dos benxamíns Rubén Caamaño Velo e Antón Pose Baliña, que tamén disputaron minutos en categoría alevín.

Parabéns!

Fase Comarcal das LCFs

Esta fin de semana terán a fase Provincial das Ligas Comarcais de Fútbol Sala. A Agrupación Deportiva Escolar “As Rias”, organiza en colaboración cos Concellos de Cee e Corcubion o Campionato Intercomarcal de Fútbol Sala, do Programa XOGADE (Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar), nas categorías Benxamín mixto, Alevín masculino/mixto e a categoría Infantil masculino, correspondente a tempada 2014/2015.

Os pavillóns de Corcubión e Cee acollen todos os cruces durante o sábado, sendo a entrega de trofeos en Corcubión:

HoraLugarCategoríaEncontro
11:00hCorcubiónInf. Masc.IES Poeta Añón (Outes) - As Baleas FS
11:00hCeeInf. Masc.Concello Fisterra - Concello Negreira
12:00hCorcubiónBenx. MixtoConcello Outes - Pontecesures
12:00CeeBenx. MixtoConcello Muxía - Concello Negreira
13:00hCorcubiónAlev. MixtoConcello Outes - Furia (Dodro)
13:00hCeeAlev. MIxtoManuela Rial Cee - Concello Negreira

Pola tarde:

HoraLugarCategoríaEncontro
15:00hCorcubiónInf. Masc.3º e 4º posto
16:00hCorcubiónInf. Mas.FINAL
17:00hCorcubiónBenx. Misxto3º e 4º posto
17:50hCorcubiónBenx. MixtoFINAL
16:30hCeeAlev. Mixto3º e 4º posto
17:30hCeeAlev. MixtoFINAL

Novas relacionadas

Primeiros títulos colleitados

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios