Domingo. 28.04.2024
El tiempo

O Dumbría sofre pero supera á Esteirana e tamén gaña a Copa da Costa Xuvenil

O Dumbría sofre pero supera á Esteirana e tamén gaña a Copa da Costa Xuvenil
Dumbria Campion da Copa da Costa Xuvenil 2015

Menuda final. O renovado campo de Agra da Filgueira de Louro acollía unha fermosísima final da Copa da Costa Xuvenil 2015. Chegaba o Dumbría como claro favorito. O xa campión copeiro do ano pasado, chegaba tras unha inmaculada temporada xa con dous títulos ligueiros ás costas, pero aínda co obxectivo do ascenso pendente.

En fronte, unha brava e noviña Esteirana, que leva un final de campaña tremendo, e que promete moito para vindeiras temporadas na categoría. O equipo de Tatá aguantou ata a prórroga, pero as forzas flaquearon e o cadro de Lobelos e Leis sumaron un novo título.

Esteirana - Dumbría (3-7)

Dumbria Esteirana na final da Copa da Costa Xuvenil
  • ESTEIRANA: Alex, Tiko (Cristian), Bolo (Íker), Rafa (Jaime), Tobío, Damián, Adrián, José, Pablo, Manu e Juan (Brais).
  • DUMBRÍA: Bruno, Roberto, Maikel, Cabana, Canario, Yeray, Cacha, Edu, Mauro, Marcote e Juan de Dora. Tamén xogaron: Charly, Isma, Jose Miguel e os cadetes Pablo e Jorge.
  • Goles: 0-1, min.15: Juan de Dora; 0-2, min.20: Marcote a pase de Juan de Dora; 1-2, min.44: Pablo; 2-2, min.48: Jose nun córner; 3-2, min.53: Pablo de falta pola escuadra; 3-3, min.84: Edu; 3-4, min.95: Juan de Dora; 3-5, min.100: Juan de Dora; 3-6, min.115: Marcote; 3-7, min.118: Isma.
  • Expulsión: o esteirán Jose no min.60.
Final da Copa da Costa Dumbria-Esteirana

Deulle un bo susto o cadro esteirán a todo un Dumbría. O choque comezou con máis nervios dos debidos, e a Esteirana arrincaba con dúas ocasións de Tobío e José que detivo Bruno. A partir de aí asentouse o cadro dumbriés e pronto Juan de Dora fixo o primeiro e doulle o seyndo a Marcote. Era un choque de alternativas e se o Dumbría puido facer o terceiro, a Esteirana ía collendo campo e ao fío do descanso Pablo recurtaba.

De novo o cadro blaugrana sorprendía a un titubeante cadro dumbriés e en dúas xogadas a balón parado Pablo e Edu daban a volta ao marcador. Tocaba remar de novo aos dumbrieses e chegaba aí unha das xogadas do partido, a expulsión (excesiva para os seus) de Jose por unha entrada sobre Cacha. Pesaban os minutos nas pernas blaugranas e coa expulsión moito máis. Empurraba o Dumbría, pero era o tempo de Álex que salvou varias chegadas e facía soñar aos esteiráns que ateigaban, como os dumbrieses, as bancadas do campo loureán, cunha organización, por certo, excepcional.

Pero faltando 6 Álex non puido cun remate de Edu que facía o empate.

Chegaba a prórroga, pero os calambres xa facían demasiada mella no tocado plantel esteirán, que sucumbía ante un moito máis enteiro Dumbría, que barría o partido con 4 novos goles.

Ao final, un novo título para este Dumbría que por fin terá que completar a temporada perfecta co merecido ascenso, pois este equipo ten demostrado ser doutra categoría. Os dumbrieses queren destacar a deportividade da familia esteirá, e se preparan para a Fase.

Polo bando contrario, os de Tatá albiscan un gran futuro. Moitos son xuvenís de primeiro ano que o ano pasado quedaron campións en cadetes. Apenas sobe Pablo e son varios os cadetes, xa titulares onte, que o ano que vén serán xuvenís. Un equipo a ter en conta como favorito o ano que vén.

A Esteirana facendo pasillo ao Dumbría-Foto-Xose Sendon Dumbrieses Campions da Copa da Costa Xuvenil 2015

Crónicas dos Xuvenís

Copa da Costa Xuvenil: 2ª Fase: 1ª Fase:

Crónicas da semana

Primeiros títulos colleitados

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios