Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Os Benxamíns agrandan o mito da eterna canteira fisterrá

Os Benxamíns agrandan o mito da eterna canteira fisterrá
Os Benxamins de Fisterra nun torneo

Menudos números. 57 puntos de 60 disputados. 194 goles a favor (unha media de case 10 goles por partidos) e 31 en contra, sendo o equipo máis goleador e menos goleado.

O Fisterra ven de proclamarse, a 4 xornadas para o remate, Campión da Liga Benxamín de F8 Costa Sur, sumando 14 puntos de diferencia sobre o Outes. Os 18 rapaces ás ordes de Marcote veñen de demostrar que o mito da eterna canteira de Fisterra é máis que real, e que na vila do Cristo, daslle unha patada a unha pedra, e saen un par de futbolistas de primeira.

”Que faríamos se quedasen todos xogadores que temos xerado en Fisterra nas últimas décadas? Se quedasen todos, estaríamos falando dun Fisterra en Preferente e 3ª División”, sinala o propio Marcote, míster dos pequenos Benxamíns, que chegou, de feito, a ser xogador de 3ª. “En Fisterra sempre exportamos grandes xogadores”, recoñece.

O equipo fisterrán cantou o alirón despois de estar pelexando ata o Nadal cóbado co cóbado, pero baixaron neste 2015 os da Serra, e iso que mesmo se chegaron a poñer por diante tras gañar no Cunchido un partido no que o cadro verde estivo por diante moitos minutos pero que no treito final o empurre dos locais e o cansanzo dos visitantes rematou coa remontada. Na volta, iso si, gañou o Fisterra por idéntico resultado, 3-2.

Un Fisterra que ten un plantel moi completo, e que conta cun capitán-pichichi. Álex Marcote, fillo do míster, xa é de segundo ano, e leva 59 goles e iso que non puido xogar un par de partidos por xogou con alevíns. 59 goles que os convirte no pichichi da categoría por diante de Brais Noceda, dos Miúdos, con 48 goles.

Marcote, Pichichi benxamín do Fisterra

Precisamente o míster fala da posibilidade de que os cativos fichen por outros clubs de maior categoría. “Por agora teñen que quedar na casa que a estas idades deben manter hábitos de estudos e, a pesar das ofertas que xa temos recibidos por varios xogadores, é mellor que vaian crecendo na casa. Se cadra o ano que vén non lles gusta o fútbol ou tiveron un parón. Mellor estar xogando na casa que de suplente nunha Galega. Para un campus de verán, perfecto, pero todo un ano de viaxes de arriba para abaixo, creo que é demasiado para un cativo de 8-9 anos”, comenta.

O plantel

Benxamins do Fisterra campions de LIga
  • Porteiros: Damián e Fernando.
  • Defensas: Aarón, Lois, Borja, Ángel, Trillo, Antonio e Senra.
  • Medios: Martín, Álex Marcote, Óscar, Mauro, Noé, Álex e Alejandro.
  • Dianteiros: Guille e Juan.

Un 8 tipo sería o formado por Damián baixo paus; Ángel, Borja e Trillo en defensa; Álex Marcote, Mauro e Martín na media e Guille en punta. Pero xogan todos neste equipo. E ten futuro o equipo porque só hai 6 de segundo ano, polo que o ano que vén terán bo bloque.

De premio, un torneo de verán contra os mellores

Agora toca aproveitar para ir dando minutos aos menos habituais e pensando na Copa da Costa e e nun posible doblete.

Ademais, a directiva, como premio ten pensado inscribilos nun torneo en Boiro, pois foron escollidos para competir cos mellores de toda Galicia, como Celta, Deportivo ou mesmo o Sporting de Gijón, superando xa a previa e clasificados para a Fase Final que terá lugar o 20 de xuño. Esperamos velos alí competindo. Xa o ano pasado participaron nun torneo en Carballo, cun par de reforzos ceenses, e gañaron ao Lugo, pero perderon co Celta en Cuartos 2-1 e pedindo a hora o club celeste, polo que aseguran que darán guerra.

Primeiros títulos colleitados

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios