Un título de Prebenxamíns con dous gañadores


Seguen as Ligas de F8 dando alegrías. Mentres polo Norte van a modo, polo Sur xa temos campión en Benxamíns e esta semana remataba a Liga dos Prebenxamíns. Quédanos esta fin de semana para coñecer ao campión dos Alevíns, e ao Cee chégalle con empatar a semana que vén en Sofán para cantar o alirón da liga Sur, se ben o Outes aínda ten posibilidades pois está só a 2 puntos. O que si está claro é que equipos estarán na II Copa da Costa Alevín no Conchido, pois ademais de Cee e Outes, Esteirana A e Dumbría teñen a 3ª e 4ª praza asegurada.
A que tamén está decidida é a Liga Prebenxamín. E menudo final. Cee e Outes remataron empatadísimos, con 8 vitorias e 1 empate, o colleitado entre eles. A estas idades deberían ser ambos campións, como recoñece o mesmo Nando, míster dos ceense e unha das referencias costeiras en materia de Fútbol Base. Pero o fútbol é o que ten, uns gañan e outros quedan 2º. Neste caso, e por apenas 3 goles de diferencia no average (89 a favor e 14 en contra para o Cee e 81 a favor e 9 en contra para o Outes) o cadro ceenses proclamouse campión.
Todo foi nun final de infarto, no que cada gol valía medio título. Chegaba o Outes con varios goles de vantaxe pero o Fisterra prantou máis cara aos da Serra que o Baio aos ceenses e a maior goleada dos de Nando lles permitiu alzar o título.
Con el, na Copa da Costa que se celebrará no Conchido, estará, como non o Outes, o Fisterra e o XSC.
Así o celebraban os ceeses, un equipo formado por Xavi Lago, Martín Fontaíña, Anxo Vigo, Álex Muíño, Samuel Rodeiro, Yzan, Xavi Cives, Saúl Cives, Samuel Sambad, Carlos Trinidad, Xian Álvarez, Carlos Suárez, Mateo, Juan Castiñeira, Isma Domínguez, Rubén Trillo e o porteiro Gabri. Aos mandos, Nando e mais Abraham formando e educando.
Os peques do Unión Club Cee celebrando o título de Prebenxamíns!!Para comelos!!Parabéns á familia ceense e á do...
Posted by Fútbol da Costa on Domingo, 3 de Maio de 2015
E así o facían os Prebenxamíns do Outes, os outros campións, que tamén están dirixidos por dous fenómenos como Tomé e Isma: Adri Freire, Adri Rey, Mateo, Yago, Alejandro Rama, Manel, Iván, Alex Lago, Sergio, Jose, Dani, Eloi, Brais, Hugo, Carlos, Pedro e Marco.

Primeiros títulos colleitados
- Xa temos finalísimas das Copas de Xuvenís, Cadetes e Infantís.
- Veteranos: O San Román róuballe o título ao Coristanco no último suspiro.
- Os Benxamíns agrandan o mito da eterna canteira fisterrá.
- O XSC celebrou o título Infantil e buscará o ascenso á Liga Galega.
- O Corme festexa o título Cadete e o Cabana a Fase de Ascenso.
Novas relacionadas
- O libro dos 50 anos do Fútbol da Costa ten novas citas nas comarcas de Bergantiños e Fisterra.
- Unha viaxe polos 50 anos do Fútbol da Costa.
- Está enfermo o Fútbol da Costa?.
- O Conchido acollerá unha nova edición da Copa da Costa Alevín, Benxamín e Prebenxamín.
- César do Cabo e Doro, dous perfectos espellos para as promesas do Dumbría.
- Chema Rei e Xosé María Lema presentan o libro “50 anos da historia do fútbol da Costa”.
- Míchel e Manu Dosil, hai vida no deporde despois do Fútbol da Costa.
- A Cantina, campión da Liga de FS de Cee.
- O Fútbol da Costa rende homenaxe a Álex Pombo.
- O álbum de cromos do Sofán: “Raúl, fírmasme un autógrafo?”.
- A vida de Donato nun libro con acento costeiro.
- Novo repaso aos Pichichis do Fútbol da Costa.
Máis información
- www.copadacosta.com.
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).