III Duatlón de Reis por Vimianzo

Seguen as duas rodas de moda na Costa da Morte. Ademais dos éxitos das probas de bici de montaña, a Costa agarda esa etapa da Vuelta Ciclista a España. Entrementres as probas seguen sucedéndose.
Este vindeiro domingo 8 de xaneiro a atención deportiva centrarase no Concello de Vimianzo. Alí disputarase o III Duatlón de Reis, no que un cento de atletas correrán e pedalearán polo circuito de 9 quilómetros que parte e finaliza en Castromil, na Praza Carmen Neira Marcos.

A saída será ás 11:00h e o circuito pasará por Torelo, Reparda, Tines e Rebordelo antes de voltar a Castromil. Haberá trofeos para os 3 primeiros clasificados.

Máis información e inscricións

  • Enviando un correo a deportes@vimianzo.es, na Oficina de Deportes da Casa da Cultura ou chamando ao 981 71 72 88. Hai límite de prazas (100).

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).