Venres. 29.03.2024
El tiempo

Os vimianceses corren a pé e suben en bici

Os vimianceses corren a pé e suben en bici

O pasado sábado día 13, no localidade de Lira disputouse a XVIII Carreira A pé de Lira á que acudiron numerosos deportistas da Costa da Morte. Un dos grupos máis destacados foron os atletas do Ximnasio Municipal de Vimianzo, con Beatriz Pazos, Yolanda Insua, Vicky (atleta do Comesaña), Julia e Teresa Castro, así como os adestradores que tamén participaron, Sandra Macías e Javier Novo.

Teresa Castro, muller do alcalde Manuel Antelo, finalizou o percorrido de 7,5km en 32'50'', subindo ao pódium como gañadora da proba feminina, e Julia Castro como segunda en categoría veteranas. A vimiancesa Vicky non puido reeditar anteriores triunfos na proba debido aos seus inicios de preparación fai escasas datas.

A próxima cita que conta na axenda deste novo grupo de atletas será A Carreira Popular de Noia o sábado 3 de setembro, que consta de 10km. Con iso non só buscan ampliar os seus triunfos, senón que tamén pretenden gañar adeptos tanto para o seu grupo de adestramento e competición como para fomentar o aspecto lúdico, o rendemento en diversos deportes, a saúde e os hábitos de vida hixiénicos a través da práctica deportiva no ximnasio.

Péchase o prazo de inscrición para participar na 8ª Ruta BTT Concello de Vimianzo

Un ano máis superáronse as previsións da organización en canto a participación se refire xa se superaron os 260 inscritos.

A marcha comezará este sábado 27 de agosto ás 15:30 na Praza do Concello coa recepción de participantes e recollida de dorsais. A saída realizarase ás 16:30 e os participantes percorreran 43 km. polos concellos de Vimianzo, Laxe e Camariñas.

A organización ten previsto un avituallamento líquido e sólido para que os ciclistas poidan repoñer forzas durante o percorrido. Calcúlase que a proba rematará derredor das 21:00 coa chegada ó pavillón de Vimianzo.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Ximnasio de Vimianzo.

Comentarios