III Duatlón de Reis por Vimianzo

09:00 27/12/11

Seguen as duas rodas de moda na Costa da Morte. Ademais dos éxitos das probas de bici de montaña, a Costa agarda esa etapa da Vuelta Ciclista a España. Entrementres as probas seguen sucedéndose.
Este vindeiro domingo 8 de xaneiro a atención deportiva centrarase no Concello de Vimianzo. Alí disputarase o III Duatlón de Reis, no que un cento de atletas correrán e pedalearán polo circuito de 9 quilómetros que parte e finaliza en Castromil, na Praza Carmen Neira Marcos.
A saída será ás 11:00h e o circuito pasará por Torelo, Reparda, Tines e Rebordelo antes de voltar a Castromil. Haberá trofeos para os 3 primeiros clasificados.
Máis información e inscricións
- Enviando un correo a deportes@vimianzo.es, na Oficina de Deportes da Casa da Cultura ou chamando ao 981 71 72 88. Hai límite de prazas (100).
Novas relacionadas
- O Mirador do Ézaro acollerá un final de etapa da Volta a España.
- Subindo, en bici e en primeira persoa, á Moa.
- As bicis de montaña tomaron os montes da Terra Neria.
- Un día a dúas rodas pola Costa da Morte.
- O PonteAventura Raid colocou a Ponteceso no centro do deporte de aventura do país. Os vimianceses corren a pé e suben en bici.
- Sentindo o Camiño.
- Zas disfrutou dunha fin de semana de bici e aventura.
- Ponteceso colleu a bici.
- Cee apagou o motor e colleu a bici.
- Presentada de forma oficial a nova sección de Ciclismo do C.F. Dumbría.
- O ciclismo, unha afección en auxe na Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).