Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Mirador do Ézaro acollerá un final de etapa da Volta a España

O Mirador do Ézaro acollerá un final de etapa da Volta a España

Podo ser o evento deportivo máis importante da historia da Costa da Morte. Polo que parece é máis que posible que unha das etapas de La Vuelta Ciclista a España remate no alto deo Mirador do Ézaro.
A empresa organizadora Unipublic xa se puxo en contacto co Concello dumbriés e xa está confirmado a un 90%, como comenta o técnico do Concello de Dumbría César Ferrío.

O día será probablemente o xoves 30 de agosto de 2012, tras unha crono en Pontevedra. Ese día a estapa partiría de Vilagarcía de Arousa para rematar no mítico lugar do Concello dumbriés tras pasar por Muros e subir ás Paxareiras por Toreo e baixar por Louredo e vir polo Pindo. Un fin de etapa que pode ser un dos 6 ou 7 finais en alto que se prantexan para este ano.
Tamén haberá outro final en alto nos Ancares.

A cita será algo "apoteósico", como asegura Ferrío, dende o punto de vista turístico e mais dende o punto de vista deportivo, pois contando con que nos 2 km, o desnivel medio entre 20 e un 22%, a primeira rampa é de máis dun 30%, e se cadra teñen abrir un desarrollo especial.

O mellor xeito de promoción turística

A nova é unha bomba informativa a nivel turístico. Asi maxes aéras da salvaxe Costa da Morte lucirán durante unha hora en televisións de todo o mundo, pois malia que a Vuelta non é o Tour de Francia, falamos da 3ª proba máis importante deste deporte a nivel mundial.

Barállanse que unha etapa levaría un custe de 100.000€, para o que cooperarán o Concello de Dumbría, Neria, a Deputación e ata a Xunta. Pero iso non sería un problema. Iso si, ao falarmos dun final de etapa non quedarían todos os membros a durmir na zona. E menos mal porque a Costa da Morte non estaría preparada para acoller ás máis de 1.200 persoas de toda a expedición. Así e todo, o sector debe estar dando saltos de alegría.

O mellor xeito de promoción do ciclismo

Ademais, a cita servirá para seguir incentivando aos nenos a sumerxirse neste deporte a dúas rodas. Por exemplo na recén nada sección de Ciclismo do C.F. Dumbría e tamén para o activo o Club Ciclista de Cee.

Presentación oficia

Unipublic presentará o mércores 11 de xaneiro ás 12.00 en 'Baluarte', Palacio de Congresos e Auditorio de Navarra, a 67ª edición da Volta a España que se disputará entre o 18 de agosto e o 9 de setembro de 2012.

Veremos se o trialeiro Carlos Waldomar tamén se apunta a cita tras subir á Moa a dúas rodas...

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios