Máis de 1500 participantes demostran en Carballo o poder das Carreiras Populares

Seguen sendo as Carreiras Pedestres citas que conseguen congregar cada vez máiss xente. Eran máis de 300 atletas os que participaban a semana pasada en Zas, e en Carballo foron máis de 1.500 os participantes na IV Carreira Popular 10 km Concello de Carballo. Unha demostración de que o atletismo en auxe en toda a Costa da Morte.

As rúas da vila carballesa transfomáronse nun enorme circuito para ver correr a xentes de todas as idades, servindo o deporte como nexo de unión interxeracional. Ademais, a competitividade entre os máis profesionais, e a deportividade dos que só van para rematar, conviven perfectamente nestas actividades.

Gañou Alberto Álvarez Bendaña en masculino e Sonia Teijeiro en Feminino, por diante do coristanqués Cristian Muíño, que non baixa do podio. Houbo participación costeira, ademais sendo Andrés Eirís Barca e María Lois Gómez os primeiros carballeses en cruzala meta.

Máis información

Carreira en Cee

A de Cee realizarase o vindeiro sábado 21 de xuño pola tarde, con saíde ás 17:00h dos pitufos e ás 19:30h dos maiores.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).