Mércores. 24.04.2024
El tiempo

8 Concellos participan no I Circuito de Carreiras Populares Costa da Morte

8 Concellos participan no I Circuito de Carreiras Populares Costa da Morte
I Circuito de Carreiras Populares Costa da Morte

Que o atletismo é un deporte en alza ba Costa da Morte non cabe dúbida. Proba delo son os éxitos que colleitan citas como o Duatlón de Reis de Vimianzo ou a San Silvestre camariñá. Ou tamén as sesións escolares de Cee ou Carballo.

E nesa liña, 8 concellos da da bisbarra únense para facer comarca desde o deporte. E o fan nesta primeira actividade co I Circuíto de Carreiras Populares Correndo pola Costa da Morte, que foi presentado onte na Casa de Pedra de Camariñas.
Participan os concellos de Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Fisterra, Muxía, Vimianzo e Zas, o que supón unha unión de concellos para organizar un evento deportivo coa finalidade de garantir unha exitosa participación de atletas nas carreiras pedestres, fomentando as relacións veciñais entre os participantes.

Promoción turística e econmómica

Alcaldes presentando o I Circuito de Carreiras Populares Correndo pola Costa da Morte

Ademais, estas iniciativas serven axudando a promocionar turística e economicamente a Costa da Morte, xa que son moitos os atletas que se desprazan desde toda a xeografía galega para participar nestas competicións deportivas e moitos os que aproveitan para pasar o día no lugar onde ten lugar a carreira. Sendo este un pulo económico, sobre todo para a hostalería e o turismo da Costa da Morte.

Este feito foi destacado polos alcaldes asistentes á rolda de presentación entre os que se atopaban o anfitrión, Manuel V. Alonso de León, e os seus homónimos de Cee, Zaira Rodríguez; Fisterra, José Manuel Traba; Vimianzo, Manuel Antelo; e Zas, Manuel Muíño; e o tenente alcalde de Corcubión, Manuel Ínsua. Non quixo perder o acto o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, quen se comprometeu a traer á Costa da Morte o Campionato Galego de Atletismo.

Datos das probas

Os técnicos deportivos dos oito concellos organizadores presentaron o calendario de carreiras serán:

  • Domingo 9 de marzo en Camariñas, na III Carreira Pedestre Concello de Camariñas.
  • Domingo 4 de maio en Vimianzo, na III Carreira Pedestre Concello de Vimianzo.
  • Domingo 1 de xuño en Zas, na I Carreira Pedestre Concello de Zas.
  • Sábado 21 de xuño en Cee, na I Carreira Pedestre Concello de Cee.
  • Sábado 23 de agosto Carnota, na XXIII Carreira das Areas Concello de Carnota.
  • Sábado 20 de setembro en Corcubión, na XIII Carreira Pedestre Vila de Corcubión.
  • Sábado 11 de outubro en Fisterra, na I Carreira Pedestre Concello de Fisterra.Domingo 16 de novembro en Muxía, na I Carreira Pedestre Concello Concello de Muxía.

Inscricións

Os técnicos explicaron no acto o regulamento do circuíto que será cronometrado por Championchip Norte, e será a través desta plataforma onde se deberán realizar as inscricións. Hai dúas maneiras de participar nas carreiras, ben participando no circuíto, sendo necesario participar nun mínimo de seis das oito carreiras para optar á clasificación; ou ben participando puntualmente na carreira ou carreiras que se desexen, sen optar á clasificación do circuíto. No caso de participar no circuíto o prezo fixado para os corredores con chip será de 20 €, mentres que os que non teñen chip, terán que aboar 30 € polas 8 carreiras. No caso de participar puntualmente nas carreiras, os atletas con chip terán que pagar 5 €, mentres que se non posúen chip terán que aboar 6,€.

Os participantes no circuíto, adultos, só teñen opción de participar na carreira 10K, mentres que os que se apunten en carreiras puntuais poden escoller entre participar en 5K (2.000 - 5.000 m) ou 10 K (8.000 – 10.000 m.).

A participación de 3 a 17 anos será gratuíta e poden inscribirse nas carreiras a través de Championchip Norte ou directamente no concello organizador da carreira, tendo só a opción de inscribirse en carreiras puntuais.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Vimianzo.

Comentarios