Domingo. 19.05.2024
El tiempo

Vimianzo e Ponteceso preparan as Carreiras Pedestres e 3 concellos da zona entran no Circuito Provincial

Vimianzo e Ponteceso preparan as Carreiras Pedestres e 3 concellos da zona entran no Circuito Provincial

O Atletismo colle estes días protagonismo con novas probas costeiras.

200 inscricións na carreira pedestre de Vimianzo

I Circuito de Carreiras Populares Costa da Morte

Ata o mércores día 30 de abril ás 12 da noite continúa aberto o prazo para inscribirse na III Carreira pedestre do Concello de Vimianzo, a segunda das carreiras incluídas o I Circuíto de Carreiras pedestres Correndo pola Costa da Morte, no que participan oito concellos. Para Vimianzo esta é xa a terceira edición dunha proba que asentada entre os atletas, pois moitos son os que repiten pero serán moitas as caras novas dun deporte tan en auxe actualmente entre a sociedade en calquera das franxas de idade. A cita será este domingo 4 de maio.

Poden participar na carreira nenos e nenas a partir dos 3 anos ata a categoría adulta repartidas en categorías do seguinte xeito: pitufo (nados 2007-2010), benxamín (2005-2006), alevín (2003-2004), infantil (2001-2002), cadete (1999-2000), xuvenil (1997-1998), sénior 5K (nacidos de 1996 en diante), sénior 10K (1996 – veteranos), veteranos M40 (40-49 anos) e veteranos M50 (50 anos ou máis). Os primeiros en saír da lina de meta, situada na Praza do Concello, serán os atletas da categoría infantil e cadete, ás 9.45 horas; os seguintes corredores, os xuvenís e sénior 5K sairán ás 10.20; ás 11 será o pistoletazo de saída para os atletas da Sénior 10K, veteranos M40 e M50, e os máis pequenos a partir das 12.15 os alevíns, 12.30 benxamíns e 12.45 os pitufos.

As categorías infantís participan de xeito gratuíto na proba mentres que os sénior e veteranos teñen que realizar o pagamento de 5€, se teñen chip, e 6€, se non o teñen, para poderen participar. As inscricións adultas deben realizarse a través de www.championchipnorte.com, quen se encargará de cronometrar a proba, mentres que as categorías infantís poden inscribirse a través de championchip ou no concello, logo de asinar a correspondente autorización paterna.

Nas categorías pitufo, alevín e benxamín todos os participantes levarán medalla conmemorativa, mentres que nas demais categorías haberá trofeo para os tres primeiros clasificados de cada categoría masculina e feminina e na categoría K10 haberá trofeo para o primeiro clasificado e clasificada empadroada en Vimianzo.

Carreira en Ponteceso

Carreira Pedestre ponteceso 2014

E xa están abertas as inscricións online a través de www.carreirasgalegas.com para a Carreira de Ponteceso. A cita será o domingo 18 de maio, e percorrerá o sendeiro PG-R 148 entre Ponteceso e a Praia de Valarés.

Circuito Provincial de Carreiras Populares

Presentada a segunda edición do Circuíto Provincial de Carreiras Populares que este ano chegará a 18 probas, fronte á decena do pasado ano. Comezarán este domingo 4 de maio en O Pino e rematarán o 9 de novembro en Negreira, coa proba máis lonxeva da provincia, que este ano cumpre a súa XXXV edición.

Son 3 as probas da Costa da Morte, en Carballo, Cee, e Muros. As carreiras populares costeiras serán 15 de xuño en Carballo, o 21 de xuño en Cee e o 23 de agosto en Muros, e serán paralelas ao I Circuito de Carreiras Populares Costa da Morte, se ben a Cee conta para os dous circuitos.

Calendario de carreiras do Cirucito Provincial

  • XI Carreira Pedestre Popular Concello de O Pino - 04/05/2014.
  • XIX Carreira Popular de Ordes - 11/05/2014.
  • II Carreira Pedestre Popular Concello de Touro - 31/05/2014.
  • IV Carreira Popular Concello de Carballo - 15/06/2014.
  • I Carreira Pedestre Concello de Cee - 21/06/2014.
  • III Carreira Corresán Nocturna Santiago - 12/07/2014.
  • XXIII Milla urbana de Ares - 02/08/2014.
  • XV Carreira Popular Concello de Cambre - 15/08/2014.
  • III Carreira Popular Solidaria Piscina Municipal Muros - 23/08/2014.
  • XVIII Carreira Pedestre Popular Noia - 31/08/2014.
  • III Milla Urbana Concello de Valdoviño - 21/09/2014.
  • XXXIII Popular San Xoán Piñeiro Mugardos - 07/09/2014.
  • III Carreira Nocturna Concello de Ferrol - 13/09/2014.
  • XVII Carreira Popular Santa Uxía de Ribeira - 28/09/2014.
  • VIII Popular A Coruña10 05/10/2014.
  • IV Carreira del Agua Unicef (Sada) - 12/10/2014.
  • XV Carreira Popular de Ames - 19/10/2014.
  • XXXV Carreira Popular de Negreira - 09/11/2014.

Novas relacionadas

  • Dumbría, único concello costeiro no Circuito Provincial BTT.
  • O Spinning de pesca, a Carreira Viquinga e a BTT encheron de deporte Carnota.
  • 8 Concellos participan no I Circuito de Carreiras Populares Costa da Morte.
  • Fonte

    Comentarios