Domingo. 19.05.2024
El tiempo

A Carreira Pedestre de Vimianzo batiu marcas

A Carreira Pedestre de Vimianzo batiu marcas
Gran participacion na Carreira Pedestre de Vimianzo 2014 1

Espectacular a resposta dos amantes do atletismo na proba que este domingo 4 de maio acollía o Concello de Vimianzo. A III Carreira Pedestre Concello de Vimianzo, a segunda proba do Circuito Correndo pola Costa da Morte, recibía a participación de centos de atletas de toda a provincia e de todas as idades, convertindo as rúas da capital de Soneira nun auténtico maratón.

Escollida participacion na Carreira Pedestre de Vimianzo 2014

O máis agradable, a resposta dos amantes ás carreiras da nosa comarca, que mesmo coparon podios en todas as categorías. Nos peques, o Olimpia de Cee arrasou e o equipo de A.D. Atletes de Esteiro tamén puxo varios rapaces no podio.
Xa nos maiores, cómpre destacar a actuación de varios vimianceses, xa típicos nos postos altos destas carreiras. Como Míchel Antelo, mellor vimiancés e 7º na Xeral, ou Teresa Castro, campiona na Xeral Feminina, entre as Veteranas e entre as Vimiancesas.
Ademais, na Absoluta dos 5,4km un laxense, Martín Regueira Rellán, foi o campión, quedando o local Damián Espasandín na 3ª praza; mentres que a tamén vimiancesa-uruguaia Vicky Fernández foi a primeira.

Xa na proba absoluta dos 10.000m, foi Iván Redondo, do Club Montepenarubia Runnig Rábade, o campión, por diante do coristanqués Cristian Muíño Varela.
Corcubión, Brens, Zas e Camariñas tamén deixaron a súa pegada no podio.

Michel Antelo e Teresa Castro os mellores vimianceses da Carreira

Clasificacións III Carreira Pedestre Concello de Vimianzo

CLASIFICACIÓNS III CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE VIMIANZO

CARREIRA INFANTIL 3000m.

Categoría masculina:

  • Francisco Javier Rodríguez Castro (d. 88) 10.34 Asoc. Dep. Olimpia.
  • Álvaro Farinós Cruz (d. 80) 11:18 A.D. Atletes de Esteiro – Muros.
  • José Antonio Romar Bouzas (d.108) 12:10 Camariñas.

Categoría feminina:

  • Elena Carreira Santabaya (d. 84) 12:16 Asoc. Dep. Olimpia.
  • Inés Vázquez Santos (d.90) 12: 48 Asoc. Dep. Olimpia.
  • Erica Domínguez Pais (d.85) 13.45 Asoc. Dep. Olimpia.

CATEGORÍA CADETE 3.000m.

Categoría masculina:

  • Brais Lago Trillo 9.57 Asoc. Dep. Olimpia.
  • Elian Numa López Iglesias 11.01 Asoc. Dep. Olimpia.
  • Jesús Daniel Suárez Zurita 11:07 Asoc. Dep. Olimpia.

Categoría feminina

  • 1. Tamara gesto López 13:59 Bergondo.

CARREIRA XUVENIL: 4.500 M.

Categoría masculina:

  • Pablo Barreira Varela 19:49 Malpica de Bergantiños.
  • Pablo Oróns Vázquez 22:48 Perillo- Oleiros.
  • Ángel Alonso Rama 27:50 Carnota.

Categoría feminina:

  • Laura Pose Suárez 26:09 Camelle – Camariñas.

CARREIRA ALEVÍN: 1.000 M.

Categoría masculina:

  • Óscar Farinós Cruz 3.05 A.D. Atletes de Esteiro – Muros.
  • Antón López Dosil 3:13 Noia.
  • Sergio Martínez Bazarra 3:17 Serra de Outes.

Categoría feminina:

  • María Villaverde Ameijeiras 3:14 Vimianzo.
  • Lucía Suárez Rodríguez 3:16 Asoc. Dep. Olimpia.
  • Aberu Ríos Fidalgo 3:19 Asoc. Dep. Olimpia.

CARREIRA BENXAMÍN 1.000 m.

  • Yerik Ismaq Pedreira 3:24 Vimianzo.
  • Uxío Farinós Cruz 3:31 A.D. Atletes de Esteiro- Muros.
  • Juan Oreiro Lagoa 3:34 Cee.

CARREIRA ABSOLUTA 5K 5.400m.

Categoría masculina:

  • Martín Regueira Rellán 18:38 Comesaña Sporting Club Laxe.
  • Ramón Alberto Moreda Leirado 19:21 Foz.
  • Damián Espasandín Lema 19:29 Vimianzo.

Categoría feminina:

  • Vicky Fernández García 23:03 Comesaña Sporting Club Vimianzo.
  • Almudena López Serantes 27:27 Gesto Team Bergondo.
  • María Maroñas Allo 33:10 Negreira.

CARREIRA ABSOLUTA 10k (10.000m.)

Categoría masculina:

  • Iván Redondo Vidal 34:04 Club Montepenarubia Runnig Rábade.
  • Cristian Muíño Varela 34:28 Alejandro Gómez Coristanco.
  • Alberto Castiñeira Figueroa 34:33 Club Atletismo Santiago.

Categoría feminina:

  • Teresa Castro Villaverde 41:38 Club Atletismo Noia Vimianzo.
  • Eva María Portas Lemus 44:52 A Coruña.
  • Estela María Portas Lemus 47:05 A Coruña.

Categoría Sénior Masculina:

  • Iván Redondo Vidal 34:04 Club Montepenarrubia Runnig Rábade.
  • Cristian Muíño Varela 34:28 Alejandro Gómez Coristanco.
  • Alberto Castiñeira Figueroa 34:33 Club Atletismo Santiago.

Categoría Sénior Feminina:

  • Eva María Portas Lemus 44:52 A Coruña.
  • Estela María Portas Lemus 47:05 A Coruña.
  • Belén Pérez Martínez 47:16 Cee.

Categoría veteranos M40 masculina:

  • Javier Seoane Puga 35:13 A.D.C. Bomberos A Coruña.
  • José Manuel Lago Ces 35:36 Atletismo Sar Corcubión.
  • Arturo Pasantes Vidal 37:47 Brens.

Categoría Veteranas M40 feminina:

Comentarios