Nova semana de mercado no fútbol da Costa
Continúa o verán e seguimos traendo algúns do movementos de fichas dos nosos equipos. E seguimos animando aos equipos (directivos, adestradores, xogadores, afeccionados...) a que nos envíen as súas fichaxes para que poidamos ir perfilando as altas e baixas de cara ao ano que vén.
Poker de fichaxes en Cee
Tras apuntar a fichaxe do eterno capi do Carnota Nico, o Cee confirma varias fichaxes:
- Borja García Punte, Poky que logo dun ano no Pindo regresa á que foi a súa casa. Actúa en calquera posición do medio campo ao cal dota da súa calidade. Alternase o Cee co filial.
- Andrés Rodríguez Vilar, o xogador de 19 anos regresa logo dun breve paso polo Carnota onde demostrou a súa enorme calidade.
- José Manuel Fernández Domínguez, Pikero, mozo xogador de 23 anos que xa milito no Cee ata xuvenís e de aí para O Pindo onde foi un dos artífices do ascenso á Liga da Costa e un dos xogadores máis importantes do equipo. Actúa como mediocentro e tamén pode facelo como central.
- Víctor Agulleiro Domínguez, 23 anos, xogador formado nas categorías inferiores do Cee e Corcubión, agora regresa procedente do Pindo onde foi un dos xogadores máis regulares.
- O fútbol da Costa segue en movemento.
- Repaso ao novo Plan Competicional da Federación para a campaña 2012-2013.
- A SD Fisterra xa ten adestradores e psicólogo para os equipos base.
- Movementos no fútbol muradán.
- O Soneira é o merecedor campión da Copa da Costa 2011.
- Vídeo entrevista de Ángel Garrido co medio soneirán Miguel.
- A boa saúde da canteira da Costa da Morte.
- O Ponteceso SD busca rapaces para as Escolas Deportivas.
- O fútbol base lembrou a Manuel Andújar en Dumbría.
- Louro tamén prepara a area para o seu I Maratón de fútbol praia.
- Os Veteranos de Corcubión preparan o III Torneo Novo Cubeleiro de F7.
- O campo da Picota acolle esta fin de semana un torneo de F7 para benxamíns e alevíns.
- Resultados e clasificacións 2010/2011.
- Copa da Costa: www.copadacosta.com.
- QPC MOTOR: quepasanacosta.gal/motor.
- www.facebook.com/quepasanacosta.
- Tuenti de Quepasanacosta.
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal)
Ademais tamén confirmou que chega José de Espress, do Pindo. Para o Pereiriña, en principio, irán os Mateo (tamén do Pindo) e Gabri (procedente do Carnota).
Independiente Carballo
Un dos que nos conta as novidades no plantel é o Independiente Carballo que está a buscar un equipo competitivo para intentar o ascenso á Liga da Costa. Os novos nomes dos carballeses son o de Gustavo, dianteiro procedente do Coristanco e Víctor Freire, mediocentro ou central que chega do Alcaián. Son os dous primeiros, pero aseguran que haberá uns cuantos máis. O próximo dia 15 comezan a pretemporada ca presentación nas Eiroas.
Novidades en Sofán
No día de onte, o xogador David Velo, ex do Ponteceso, deulle o ok á SD Sofán. Unha SD que, por certo, inaugura un novo local ao carón do Carral.
Máis caras novas na SD Fisterra
A directiva da S.D.Fisterra continúa achegando as moitas novidades de cara ao ano que vén. E logo da volta de Manuel Cartamil, esta semana nos informan da volta doutro fisterrán para xogar no equipo do seu pobo, despois de pasar por equipos da costa como o Cee ou nestas duas ultimas tempadas polo Pindo: Jose Maria Rivas Calvo, Rivas, volta ao equipo para tentar fortalecer o mediocampo.
Ademais, a S.D.Fisterra comunica a designación de Juan Jose Insua Insua como adestrador do Fisterra B, equipo que debutará este ano na 3ª Autonómica. Juan Jose é un ex-xogador do clube do Fisterra entre outros equipos da costa. Agardan que a experiencia recollida nos seus anos de futbolista sirva para transmitirlle os seus coñecementos os xogadores da plantilla do Fisterra B.