Repaso ao novo Plan Competicional da Federación para a campaña 2012-2013

Vimos xa como os clubes da Costa rexeitan o Plan de Competición da Federación. Así e todo, a nosa postura pode que non sexa estudiada e pode que a Federación xa o teña decidido. Entrementres continúa a Asociación de Clubes da Costa traballando para informar aos clubes sobre o Plan de Competición que prantexa a Federación Galega de Fútbol.
Plan competicional para a campaña 2012-2013

A propostas xa saben que serán de cara á campaña 2012-2013. A Federación prantexa estas novidades no que respecta ás nosas ligas:
- 2 Preferentes a nivel galego: O noso grupo (Coruña-Lugo) terá 20 equipos, con 2 ascensos e 3 descensos.
- 6 1ª Autonómicas: O Grupo Coruña-2 (de nova creación entre Santiago-Costa da Morte) terá 18 equipos con 1 Ascenso + 1 Promoción de ascenso; 3 descensos.
- 2ª Autonómica Grupo 4 - Costa da Morte: con 16 equipos (actualmente ten 18); 1 Ascenso + 1 Promoción de ascenso; 2 descensos.
- 3ª Autonómica Grupo 5 - Costa da Morte: 16 equipos (non varía): 1 Ascenso + 4 Promocións de Ascenso.
Datos sobre as fichas
Informan tamén que dende onte están dispoñibles as fichas para a vindeira campaña E lembran aos os clubes que este ano non se van tramitar fichas sen ter pagada a deuda contraida na actualidade ca Federación. Iso si, como novidade, dende a Asociación, aos clubes que xa pagaron a cota ou que os que paguen antes do 30 de xuño, a entidade vaille tramitarlle as fichas do equipo da categoría afeccionado, sen ningún tipo de custe.
Breves do fútbol da Costa

- A directiva da S.D.Fisterra anuncia a renovación do xogador Nicolas Velay Calvo (Nico), decidindo seguir xogando no equipo de fútbol do seu pobo, desestimando as ofertas de equipos de superior categoria como o Xallas ou o Dumbría, e da mesma categoria como o Camariñas.

- Este pasado sábado, o CF Dumbría puxo remate á actual tempada cunha gran churrascada nas instalacións deportivas do Conco, para os xogadores de tódolos equipos do C.F. Dumbría (pequenos e maiores), incluída a sección de voleibol.
Novas relacionadas
- A U.D. Corcubión busca xogadores e prepara a tempada que vén cunha Asemblea.
- Os clubes da Costa rexeitan o Plan de Competición da Federación.
- Movementos no fútbol muradán.
Novas relacionadas
- Crónicas da volta das semifinais: O Castriz sorprendeu e o Soneira aguantou.
- Resultados da fin de semana: O Castriz métese na final e o Cabana cadete queda ás portas da Liga Galega.

- Resultados e clasificacións 2010/2011.
- Copa da Costa: www.copadacosta.com.
- QPC MOTOR: quepasanacosta.gal/motor.
- www.facebook.com/quepasanacosta.
- Tuenti de Quepasanacosta.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).