O fútbol base lembrou a Manuel Andújar en Dumbría

Este domingo, o campo Municipal do Conco, en Dumbría, acolleu o I Memorial Manuel Andújar. Un torneo para as categorías benxamín e alevín que serve para homenaxear ao finado presidente dumbriés, e que chega tralo potente torneo de Cabana.
O acto coa familia Andújar foi moi emotivo. Por parte do clube leron por megafonía un pequeno discurso de lembranza e se lle fixo entrega á dona e ós fillos dunha placa "in memorian" pola colaboración do clube desde a súa fundación. Pola súa parte a familia tamén expresou pola megafonía, nas palabras dunha das súas fillas, o seu agradecemento pola creación deste memorial e fixo entrega ó club dunha foto recordo de Manuel Andújar.

Xa no tocante ao desenvolvemento do Torneo, tivo un gran éxito de participación, con moito público nas modélicas instalacións do Conco. Un total de 16 equipos competiron deixando patente a potencia do fútbol base. Por parte costeira participaban os equipos de Cee, Fisterra, Corcubión, Outes, As Baleas e, por suposto, Dumbría. Ademais os coruñeses do Victoria e do Sporting Coruñés deixaron patente que pola vila herculina tamén coidan dos seus pequenos.
Finalmente o Dumbría acadou o título na categoría Alevín, superando aos coruñeses do Victoria, que puideron co Corcubión. En Benxamíns, a final tivo cor herculina, pois Victoria (vencedor) e Sporting Coruñés superaron respectivamente a Cee e Fisterra.
Resultados do I Memorial Andújar
Benxamíns
- Semifinal: Fisterra - Sp. Coruñés (por penaltis)
- Semifinal: Victoria - Cee.
- Final: Victoria - Sp. Coruñés (7-0).
Alevíns
- Semifinal: Dumbría - Corcubión (3-1).
- Semifinal: Victoria- Cee (2-1).
Final: Dumbría - Victoria (2-0).

Novas relacionadas
- O Soneira é o merecedor campión da Copa da Costa 2011.
- A canteira da Costa da Morte demostrou o seu potencial no Torneo de Cabana.
Citas deportivas do verán
- Esteiro prepara a area para o Triatlón e o fútbol praia.
- O Baio convoca de novo o curso de adestradores.
- Cita cos maratóns en Baño e Esteiro.
- Campionato de F7 en Carnota.
Máis información

- Resultados e clasificacións 2010/2011.
- Copa da Costa: www.copadacosta.com.
- QPC MOTOR: quepasanacosta.gal/motor.
- www.facebook.com/quepasanacosta.
- Tuenti de Quepasanacosta.
Fonte
- Información e fotos do CF Dumbría.