O Ponteceso SD busca rapaces para as Escolas Deportivas

14:20 05/07/11
O Ponteceso S.D., coma sempre, segue apostando pola educacion e os rapaces da zona. Así, vén de abrir o prazo para inscribirse nas Escolas Deportivas de Fútbol do Ponteceso SD.
A entidade busca cativos de nados entre 1993 e 2006, para aprender da man dos mellores adestradores cualificados de cara á temporada 2011/2012.
Este xoves día 7 de xullo, terá lugar a presentación oficial da escola deportiva do Ponteceso S.D. A sesión será na sede da Fundación Eduardo Pondal (O Couto) ás 20:30h.

Máis información e inscricións
Teñen ata o mes de setembro para inscribirse na familia pontecesá. E poden facelo achegándose ao campo municipal Pinguel ou chamando a presidente Mato (630 687 398) ou a Tucho (665 664 953).
Novas relacionadas
- O fútbol base lembrou a Manuel Andújar en Dumbría.
- O Soneira é o merecedor campión da Copa da Costa 2011.
- A canteira da Costa da Morte demostrou o seu potencial no Torneo de Cabana.
Citas deportivas do verán
- Esteiro prepara a area para o Triatlón e o fútbol praia.
- O Baio convoca de novo o curso de adestradores.
- Cita cos maratóns en Baño e Esteiro.
- Campionato de F7 en Carnota.
Máis información

- Resultados e clasificacións 2010/2011.
- Copa da Costa: www.copadacosta.com.
- QPC MOTOR: quepasanacosta.gal/motor.
- www.facebook.com/quepasanacosta.
- Tuenti de Quepasanacosta.
Fonte
- Información de Marco Varela, Secretario Ponteceso S.D.