O fútbol da Costa segue en movemento


Cando estamos a piques de pechar a temporada coa sosa finalísima da Copa da Costa 2011, comezan os movementos no fútbol da Costa. Se xa vimos certos movementos no fútbol muradán coa creación do Volantes de Baño que semella vai apostar forte con xente como Piti ou Brais, ex do Noia, e coñecemos as novas adquisicións da SD Fisterra, hoxe damos un completo repaso aos equipos da bisbarra.
Polo de pronto xa son 18 equipos para a 3ª da Costa, trala incorporación do Fisterra B e do Volantes, ademais do Montelouro, e a renuncia do filial muradán. Tamén todo apunta a que, logo de 10 anos de historia, o Vimianzo se desfai, pero o seu posto podería ser cuberto polo filial do Soneira. Veremos se estas cifras se adecúan ao Plan Competicional da Federación para a campaña 2012-2013.
Cartamil volve ao Fisterra

A S.D.Fisterra comunica a fichaxe dun ex-capitan do equipo fisterran, Manuel Cartamil, un xogador fisterrán que logo dun pequeno paso polo clube do pobo veciño de Corcubión, co cal conseguiu o ascenso a segunda rexional e contra quen se enfrentará nesta nova tempada 2011-2012, ven a voltar o clube onde desenvolveu toda a sua carreira futbolistica.
Volve a UD Montelouro
Nunca deixou de ser un máis. Pero tras un ano fóra de competición o equipo muradán volve á 3ª da Costa. A UD Montelouro está perfilando o equipo que presidirá na súa volta Celestino Caamaño.
Serán con este 4 os equipos no Concello muradán, tralo recén chegado Volantes de Baño, a Esteirana e o Muros.
Novo presidente en Malpica
Como nos informa Luis E. Porto a través do seu blog, Marco, de 33 anos, actual defensa central do equipo malpicán, será o novo Presidente da SCD Malpica. E o fará co novo cadro de directivos como son Marcos Amado Reino, Iago Espasandín Carabel, Andrés Garrido Álvarez e Víctor Añón Lema.
O Carnota prepara o ascenso
Moitas novidades na UD Carnota. O clube seguirá sendo dirixido polos propios xogadores, e parece que Demetrio seguirá sendo o presidente. Pero xa se escoitan serias fichaxes para volver á Liga da Costa: Polo de pronto sabemos que Alfredo Cambeiro volve ao banco carnotán. E no seu plantel, polo de pronto xa pode contar cos goles dun auténtico pichichi, Manoliño.
Fichaxes en Sofán e en Xallas
A SD Sofán anunciou as fichaxes do ex gardameta do Paiosaco, Richard, de 28 anos. Ricard porase ás ordes dos novos adestradores Vicente e o ex xogador Miniño.
Pero a SD tamén lamenta a marcha, para mellorar, dun dos seus xogadores: Luís Fernández, extremo de Verdillo, ficha polo Xallas para o proxecto da Preferente.
Novo míster en Lira
Geno será o novo adestrador do conxunto liracho a vindeira campaña.
Novas fichaxes para o Cee
Nico, eterno capi do Carnota, e Víctor, punta que ata agora militou no Pindo, poden ser unha das primeiras fichaxes do Cee para a vindeira campaña.
Enviádenos as vosas novidades
Facemos un chamamento aos equipos da bisbarra para que nos envíen as súas fichaxes e movementos a deportes@quepasanacosta.gal.
Novas relacionadas
- O Soneira deixa sentenciada en Castriz a final da Copa da Costa.
- Vídeo entrevista de Ángel Garrido con Huelvis, míster do Castriz.
- Repaso ao novo Plan Competicional da Federación para a campaña 2012-2013.
- A canteira da Costa da Morte demostrou o seu potencial no Torneo de Cabana.
- A SD Fisterra xa ten adestradores e psicólogo para os equipos base.
- Movementos no fútbol muradán.
Máis información

- Resultados e clasificacións 2010/2011.
- Copa da Costa: www.copadacosta.com.
- QPC MOTOR: quepasanacosta.gal/motor.
- www.facebook.com/quepasanacosta.
- Tuenti de Quepasanacosta.
Citas deportivas do verán
- Esteiro prepara a area para o Triatlón e o fútbol praia.
- O Baio convoca de novo o curso de adestradores.
- Cita cos maratóns en Baño e Esteiro.
- Campionato de F7 en Carnota.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).