O ACB Costa da Morte despide a tempada cun triste descenso á 4ª División
Non puido ser. O ACB Costa da Morte xogábase o descenso ante o Liceo esta pasada semana en Cee, logo de ter dado un gran paso a semana pasada. Insuficiente, pois a derrota deste sábado ante o Liceo os descende matematicamente. Despedida triste da tempada pois na casa ante o seu público, co descenso a 4ª División.
3ª División Sénior Masculina, Liga Descenso- 6ª xornada
- Resultado: ACB COSTA DA MORTE – LICEO CASINO VILAGARCIA (48-52).
- Parciais: 8-13; 18-12; 10-16; 12-11 / (Acumulado: 8-13; 26-25; 36-41; 41-52)
- ACB COSTA DA MORTE: Iván, 10 ptos; Deril, 12 ptos; Sergio, 0 ptos; Manuel, 8 ptos (2 triplas); Tinín, 9 ptos – quinteto inicial - ; José, 3 ptos (1 tripla); Fabián, 9 ptos.
- Eliminado: Tinín.
Partido no que se decidía que equipo acompañaba no descenso a Fontiñas: quen perdía este partido descendía e tocoulle aos de casa.
O equipo de Cee, despois de facer una fase de descenso na que en ningún momento perdiu a cara aos partidos, neste a responsabilidade de ter que gañar, sí ou sí, pesou nos xogadores locais. Ben na defensa durante todo o partido, pero un mal 3º cuarto no ataque permitiron os de Vilagarcía poñerse por diante no marcador, e souperon manter e administrar a pequena ventaxa que colleron ata o remate do encontro.
Partido no que nos últimos 3 minutos o equipo de Cee quedouse sen cambios por estar eliminado con 5 faltas Tinín e pola lesión de Deril.
Infantil Ferminino, Copa Primavera, 1/4 de Final
- Resultado: MARISTAS CHAMPAGNAT - FERROATLANTICA ACB COSTA DA MORTE (33-17).
As rapazas de Cee perderon de 16 puntos que terán que remontar no próximo fin de semana.
Minibasket Masculino, Copa Primavera, 2ª Xornada
- Resultado: CARBALLO BASKET - FERROATLANTICA ACB COSTA DA MORTE (41-78).
- FERROATLANTICA ACB COSTA DA MORTE: Jorge García, Carlos Insua, Fran, Carlos Pais, Jorge Quintáns – quinteto inicial - Lois, Aitor.
Vitoria fácil para o equipo dos alevíns masculino. Só un mal terceiro tempo, onde tan só anotaron unha canastra, no resto do encontro sempre foron aumentando as diferenzas no marcador.
Minibasket Feminino, Copa Primavera, 2ª Xornada
- Resultado: FERROATLANTICA ACB COSTA DA MORTE - CARBALLO BASKET (50-40).
Fácil vitoria para as rapazas de Pais.
Máis información
Crónicas anteriores
- Os séniors do ACB dan un gran paso para a permanencia.
- As xogadoras do ES Bazarra despediron a tempada loitando ante o Noia.
- Os Sénior do ACB complícanse a permanencia.
- O ES Bazarra remata a liga regular e espera o cruce.
- Os e as maiores do ACB avanzan a ritmo de vitoria.
- Os maiores do ACB aférranse á categoría.
- As Sénior do ES Bazarra marcan a liña a seguir na familia ACB.
- As infantís do ACB xa saben gañar.
- As Sénior do ES Bazarra seguen sumando vitorias.
- Os tiros libres condenan aos equipos do ACB Costa da Morte.
- As mulleres manteñen a senda da vitoria para o ACB.
- As cadetes do ACB manteñen a boa liña e os Sénior case dan a sorpresa.
- As Sénior do ES Bazarra manteñen o pulso do ACB Costa da Morte.
- As maiores do ACB seguen en marcha.
- Nova xornada para os pequenos do ACB Costa da Morte.
- As cadetes salvan a fin de semana da familia ACB Costa da Morte.
- Fin de semana completa para a familia ACB.
- 3 derrotas e 2 vitorias foron o balance do ACB na fin de semana.
- Xornada para esquecer da familia ACB Costa da Morte.
- Comeza un ano completo de baloncesto para o ACB Costa da Morte.
- As infantís do ACB xa son campionas intercomarcais.
Fonte
- Nota de prensa do ACB Costa da Morte.