mércores. 30.04.2025
El tiempo

O ACB Costa da Morte despide a tempada cun triste descenso á 4ª División

O ACB Costa da Morte despide a tempada cun triste descenso á 4ª División
O ACB Costa da Morte descende a 4 Division-Foto-Lucia Avarinas ES Bazarra patrocina da crónica da Liga da Costa - Coñece as nosas ofertas en www.bazarra.com

Non puido ser. O ACB Costa da Morte xogábase o descenso ante o Liceo esta pasada semana en Cee, logo de ter dado un gran paso a semana pasada. Insuficiente, pois a derrota deste sábado ante o Liceo os descende matematicamente. Despedida triste da tempada pois na casa ante o seu público, co descenso a 4ª División.

3ª División Sénior Masculina, Liga Descenso- 6ª xornada

  • Resultado: ACB COSTA DA MORTE – LICEO CASINO VILAGARCIA (48-52).
  • Parciais: 8-13; 18-12; 10-16; 12-11 / (Acumulado: 8-13; 26-25; 36-41; 41-52)
  • ACB COSTA DA MORTE: Iván, 10 ptos; Deril, 12 ptos; Sergio, 0 ptos; Manuel, 8 ptos (2 triplas); Tinín, 9 ptos – quinteto inicial - ; José, 3 ptos (1 tripla); Fabián, 9 ptos.
  • Eliminado: Tinín.

Partido no que se decidía que equipo acompañaba no descenso a Fontiñas: quen perdía este partido descendía e tocoulle aos de casa.
O equipo de Cee, despois de facer una fase de descenso na que en ningún momento perdiu a cara aos partidos, neste a responsabilidade de ter que gañar, sí ou sí, pesou nos xogadores locais. Ben na defensa durante todo o partido, pero un mal 3º cuarto no ataque permitiron os de Vilagarcía poñerse por diante no marcador, e souperon manter e administrar a pequena ventaxa que colleron ata o remate do encontro.

Partido no que nos últimos 3 minutos o equipo de Cee quedouse sen cambios por estar eliminado con 5 faltas Tinín e pola lesión de Deril.

Infantil Ferminino, Copa Primavera, 1/4 de Final

  • Resultado: MARISTAS CHAMPAGNAT - FERROATLANTICA ACB COSTA DA MORTE (33-17).

As rapazas de Cee perderon de 16 puntos que terán que remontar no próximo fin de semana.

Minibasket Masculino, Copa Primavera, 2ª Xornada

  • Resultado: CARBALLO BASKET - FERROATLANTICA ACB COSTA DA MORTE (41-78).
  • FERROATLANTICA ACB COSTA DA MORTE: Jorge García, Carlos Insua, Fran, Carlos Pais, Jorge Quintáns – quinteto inicial - Lois, Aitor.

Vitoria fácil para o equipo dos alevíns masculino. Só un mal terceiro tempo, onde tan só anotaron unha canastra, no resto do encontro sempre foron aumentando as diferenzas no marcador.

Minibasket Feminino, Copa Primavera, 2ª Xornada

  • Resultado: FERROATLANTICA ACB COSTA DA MORTE - CARBALLO BASKET (50-40).

Fácil vitoria para as rapazas de Pais.


Máis información

Crónicas anteriores

Fonte

  • Nota de prensa do ACB Costa da Morte.

Comentarios