O Anorthosis déixase o liderato en Oleiros

Xornada de moi malos resultados para os equipos do Anorthosis, coa excepción das rapazas do Aluminios Xeal que gañaron os dous encontros disputados en Pontevedra e encabezan a clasificación da 2ª División Nacional Femenina. O resto dos equipos 8 masculinos, non conseguiron arañar un so punto nnos seus enfrentamentos.

Do resto dos equipos, pouco que comentar a non ser que sigan entrenando e desfrutando do deporte do tenis de mesa, xa que as vitorias son máis ben poucas.

3ª División Nacional – Grupo Norte

  • Resultado: Breogán Oleiros "C" - Anorthosis Vimianzo (4-2)

O Anorhosis notou a baixa de Andrés Fagín (operado o xoves de apendecite) e o Breogán Oleiros "C" como xa fixera na 1ª volta superou aos soneiráns claramente. Parece que baixaron os ánimos cos últimos tropezos, pero tamén e certo que non se contaba coa marcha fulgurante que levaba na súa estrea da 3ª Dvisión nacional.
Deixou así o liderato o primeiro equipo soneirán, e queda a 4 puntos do líder, o Narón, que ademais ten un partido menos.

1ª División Galega – Grupo Centro

  • Resultado: Concello de Zas Aquacenit - Oroso T.M. Hotel Santa Cruz (1-5)

2ª División Galega – Grupo Centro

  • Resultado: Monte Porreiro Mixilon "B" - Concello Zas O Pinar (4-2).
  • Resultado: Construcciones Cernadas - Arteal Ventanas "B" (1-5).

2ª División Nacional Femenina

  • Resultado: AD Dubratambre - ALUMINIOS XEAL (2-3).
  • Resultado: Monte Porreiro - ALUMINIOS XEAL (1-3).

Moi ben por parte de Laura, Ana e Anxela que deron a única nota positiva da xornada.

Vindeira xornada

Sábado 14 de marzo 1ª división galega grupo centro en Noia 17'00 h. Liceo Noia - Concello de Zas Aquacenit 2ª división galega grupo centro en Pontevedra 17'00 h. Monte Porreiro Mexilón "B" - Construcciones Cernadas 2ª división nacional Femenina en Pontevedra 17'00 h. Aluminios Xeal - SD Hípica 18'30 h. Aluminios Xeal - Club del Mar Domingo 15 de marzo 2ª división galega grupo centro en Vilagarcía 11'00 h. Liceo Casino Infantil - Concello de Zas O Pinar

Crónicas da temporada

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Estevo Lema.