O Anorthosis retoma o camiño do ascenso


Puideron ser mellores os resultados da fin de semana do 7 e 8 de febrero de 2015 para a familia Anorthosis. Apenas unha vitoria de 5 encontros, pero unha vitoria que mantén as esperanzas do primeiro equipo de seguir soñando co ascenso.
3ª División Nacional – Grupo Norte
- Resultado: Anorthosis Vimianzo – CTM Ceibe de Monforte 6-0 (18-5)
Resultado claro e contundente a favor dos soneiráns ante os monfortinos que parecían máis pendentes da longa viaxe que de xogar ao tenis de mesa. Con todo ningún dos xogadores locais se relaxou, sobre todo nos primeiros partidos, e xogaron coa concentración precisa para non verse sorprendidos. Agora o Anorthosis ocupa o 2º posto na clasificación, cun encontró máis xogado cos demais equipos.
2ª División Galega – Grupo Centro
- Resultado: Hípica Coruña – Concello de Zas Aquacenit 5-1 (15-5)
- Resultado:SD Hípica – Concello de Zas Aquacenit 5-1 (15-5)
Non dan levantado a cabeza os veteranos do Concello de Zas Aquacenit, e foron superados con claridade polos que lles anteceden na clasificación, co cal non lles quedará mais remedio que aproveitar calquer ocasión para puntuar e esperar que ao final veñan as rebaixas para non descender de categoría. Na Coruña ningún dos compolentes estivo a súa altura de xogo, nin sequera Stevo a pesar de gañar dous partidos, pois debería gañalos todos pero parece que se ve arrastrado polos compañeiros.
2ª División Galega – Grupo Centro
- Resultado: Concello de Zas O Pinar – Guiusseppe Anthony 2-4 (8-13)
- Resultado: Construcciones Cernadas – Guiusseppe Anthony 1-5 (4-16)
Seguen con moito ánimo pero tampouco conseguen nada positivo os promesas zasences. Moi ben Brais no Concello de Zas O Pinar pois foi o que conseguíu gañar os dous partidos e tamén Ana García no Construcciones Cernadas gañardo o único partido. Tempo teñen para aprender e esperar que cheguen os bos resultados.
Vindeira semana
Tarde completa para o sábado de antroido, 14 de febrero, no Ximnasio de Zas, cos seguintes choques:
2ª división nacional femenina:
- 15’30h. AD Dubratambre – TDM Punto K de Vilalba.
- 15’30h. Aluminios Xeal – Concello de Vilalba.
- 17’00h. AD Dubra tambre – Concello de Vilalba.
- 17’00h. Monte Porreiro – TDM Punto K.
- 18’30h. Monte Porreiro – Concello de Vilalba.
- 18’30h. Aluminios Xeal – TDM Punto K.
3ª división nacional masculina:
- 18’00h. Anorthosis Vimianzo – Breogán Oleiros “B”.
1ª división galega
- Concello de Zas Aquacenit – Club del Mar Xuvenil de A Coruña.
2ª división galega
- En Vilagarcia as 17’00h.: Liceo Infantil - Construcciones Cernadas.
Novas relacionadas
Crónicas dsa temporada
- Un tropezo que non impide soñar co ascenso do Anorthosis.
- O Anorthosis Vimianzo é o novo líder da 3ª Nacional.
- Zas foi o centro do tenis de mesa provincial.
- Dous empates e dous tropezos para a familia do tenis de mesa soneirá.
- O Concello de Zas Aquacénit xa sabe gañar.
- O Anorthosis salva unha mala semana e segue en cabeza.
- Intensa xornada para a familia Anorthosis.
- Nova xornada sen sorte para a familia Anorthosis.
- Xornada baleira para o Anorthosis.
- O Anorthosis, xa líder, leva o tenis de mesa ata Santa Comba.
- O Construcciones Cernadas xa sabe gañar.
- O Anorthosis comezou a tempada cun empate que sabe a vitoria.
- O Anorthosis arrinca a temporada ao grande e expandindo o tenis de mesa por Mazaricos e Vimianzo.
- O Anorthosis segue preparando o inicio de tempada a base de triunfos.
- O Anorthosis presentouse en sociedade de cara á nova campaña.
- O Anorthosis estrea campaña cun gran subcampionato.
Fonte
- Nota de prensa de Estevo Lema.