O baiés Santi Soneira, Campión Galego de Tiro con Arco

Falabamos esta semana da participación dos Pequearqueiros de Vimianzo no Campionato Galego de Tiro con Arco de Sala 2015. Pero é que a proba celebrada no pavillón da Universidade de Elviña, na Coruña, tamén contaba con participación baiesa.

Aí estaba Santi Soneira e os seus pupilos do club de tiro con arco da A.D Su A Agra, Mario Antelo Amado, que participou en Recurvo Alevin Home, Brais Antelo Amado e Andrés Mourelle García en Recurvo Infantil Home e o propio Santi Soneira, bo amigo desta casa, en Arco Espido Home.

Os pequenos da expedición enfrontabanse ó seu 1º campeonato e levando tan só un par de meses nesto do tiro con arco fixeron unha boa actuación e conseguiron unha mui boa puntuación dado o pouco tempo que levan tirando.

Por outra parte Santi Soneira proclamouse Campión Galego de Sala na modalidade de Arco Espido Senior. Aí é nada.
Ademais, nos 2 Round clasificatorios acadou a 2ª posición detrás de Jesús Angel Budiño. Nas eliminatorias de cuartos de final gañou a Iñaki Fariña Muradas, e nas semifinais gañou a Genaro Otero. A eliminatoria final na que se decidia o Campión disputouna contra Jesús Angel Budiño a quen tamén gañaría proclamandose Campión Galego.

Novas relacionadas

Fonte

  • Club Su A Agra.