Martes. 16.04.2024
El tiempo

Os pequearqueiros de Vimianzo demostraron o seu potencial no Campionato Galego

Os pequearqueiros de Vimianzo demostraron o seu potencial no Campionato Galego
Equipo dousxsetenta de Tiro Con Arco de Vimianzo

Exitosa a xornada desta fin de semana no XXIV Campionato Galego de Tiro con Arco ó Aire Libre celebrado en Báscuas (Lugo). O equipo vimiancés do Dousxsetenta participou cun total de trece arqueiros/as repartidos nas categorías esquío (6-7 anos); benxamín (8-9 anos); e alevín (10-11 anos). Os pequenos arqueiros/as competiron a un altísimo nivel, tendo en conta que a maior parte deles era a primeira vez que participaban nunha competición oficial.
Aínda que levaban esperanzas de conseguir medallas, os rapaces superaron as mellores espectativas e finalmente conseguimos tres campións galegos, catro subcampións, dous terceiros postos, un cuarto, un sexto, un sétimo e un oitavo posto.

En categoría Esquío feminina as arqueiras de Dousxsetenta coparon o podium:

  • Campiona Galega, Paula Vázquez Blanco (283 puntos). Paula xa se proclamara campiona galega de sala no mes de xaneiro.
  • Subcampiona Galega, María Lema Lavandeira (281 puntos).
  • Terceira clasificada Marian Hermida Lamela (177 puntos).

En categoría Esquío masculino tamén acadamos as tres primeiras posicións:

  • Campión Galego, Samuel Blanco Costa (245 puntos).
  • Subcampión Galego, Martín Pérez Lado (205 puntos).
  • Terceiro clasificado, Yago García Hermdia (176 puntos).

Na categoría Benxamín feminina:

  • Paula Pérez Espasandín proclamouse Submpiona Galega cun total de 257 puntos. Repite posto, xa que tamén se proclamou subcampiona galega de sala no mes de xaneiro.

En Benxamín masculino:

  • Yago Bendaña Fernández-Patiño proclamouse Campión Galego cun total de 314 puntos.

En categoría Alevín feminina:

  • Laura Ramos Santos proclamouse Subcampiona Galega con 519 puntos. Ademais é a actual Campiona Galega de Sala celebrado no mes de xaneiro.

En Alevín masculino:

  • José Vázquez Blanco foi cuarto clasificado (469 puntos); Marcos Esperante Varela foi sexto (435 puntos); Adrián Sampedro Blanco foi sétimo (428 puntos); e Xabier Lemus Ferrín oitavo (302 puntos).

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios