Venres. 26.04.2024
El tiempo

Os arqueiros de Vimianzo aproban con nota o previo ao Campionato Galego de Tiro con Arco en Sala

Os arqueiros de Vimianzo aproban con nota o previo ao Campionato Galego de Tiro con Arco en Sala
A familia de DousxSetenta de Vimianzo na Pobra do Caraminal

O 22 e 23 de novembro celebrouse en Arteixo o Trofeo Federación Galega – Xunta de Galicia de Tiro con Arco. Este torneo é a antesala do próximo Campionato Galego que se celebrará no mes de xaneiro na Pobra do Caramiñal e pode ser unha boa referencia do que nos espera alí. O club soneirán desprazou un total de 13 arqueiros e arqueiras en distintas categorías obtendo uns máis que aceptables resultados.

O sábado 22 entraban en competición os máis pequenos. Os resultados foron os seguintes:

Categoría Esquío

Duas das novas promesas do Tiro con arco vimiances

Nesta categoría os nosos arqueiros non tiveron rivais e polo tanto repartíronse os postos de honra do podio, tanto en categoría masculina como feminina.

Iago García Hermida con 244 puntos (124 + 120) acadou a primeira posición, superando ao actual Campión Galego ao aire libre, Samuel Blanco Costa, con 193 puntos (99+94). En terceiro lugar quedou Martín Pérez Lado cunha puntuación de 185 puntos (88+97).
En categoría feminina María Lema Lavandeira fíxose co primeiro posto, acadando os 228 puntos (116+112), mentres que Marian Hermida Lamela se facía coa segunda posición, acadando 94 puntos (39+55).
En categoría benxamín feminina Paula Pérez Espasandín ocupou o terceiro posto no podio, con 217 puntos (112+105).

Na categoría alevín competición foi moi exixente e os nosos representantes tiveron que emplearse a fondo. Na categoría masculina Marcos Esperante Varela fixo unha competición moi regular, o que lle permitiu obter unha puntuación de 511 puntos (256+255) colándose entre os mellores e acadando un merecidísimo segundo posto. Tampouco o fixeron nada mal Xabier Lemus Ferrín, sétimo cunha puntuación de 479 puntos (247+232), nin Adrián Sampedro Blanco, noveno con 477 puntos (243+234).

En categoría feminina a atención centrábase nas actuais Campionas Galegas da categoría. Por un lado a representante de Dousxsetenta, Laura Ramos Santos, Campiona Galega de Sala, e por outra banda a aqueira de Arc-teixo, Laura Veira Carollo, Campiona Galega ao Aire Libre. Tras unha dura competición a nosa representante acadou o primeiro posto, cun total de 504 puntos (244+260), superando por solo catro puntos á segunda clasificada.

Os Veteranos

Na xornada do domingo José María Lema Sanz acadaba un meritorio terceiro posto en categoría veteranos masculino con 453 puntos (235+218). Tamén tiveron unha boa actuación no seu debut Blanca García Álvarez, décima posición con 394 puntos (210+184) e Rocío Andujar Mouzo, que acadou a undécima posición cun total de 380 puntos (206+174)

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios