O Circuito de Xadrez desborda Fisterra

O pasado día 30, xogouse en Fisterra, o penúltimo torneo do Circuíto de Xadrez da Costa da Morte. Un Circuito que está engrandecendo este deporte por toda a bisbarra gracias ao traballo do Clube Cabo Touriñán. A difusión do circuíto nos medios de prensa e redes sociais, está facendo que teña moi boa acollida e que organizadores reciban moitas felicitacións o que de seguro os anima a continuar o vindeiro ano.

Pero non todos os torneos están sendo iguais. Se ben en participación son semellantes, con medio centenar por torneo, a organización cambia moito dependendo da implicación de cada concello. Se por exemplo os pais organizadores aprobaban con boa nota as citas de Muxía, Vimianzo, Corcubión ou Camariñas, as de Carnota e Fisterra reciben un suspenso en organización.

Así e todo, O torneo de Fisterra foi unha boa festa do deporte. A cita estivo marcado pola gran afluencia de participantes e de persoas afeccionadas e curiosas que se acercaron ó Centro Cultural O Casino, para ver o torneo. Desde Muxía, desprazouse nun autobús, con máis de 40 persoas entre xogadores parentes e afeccionados, de Lira tamén se acercaron os da asociación cultural Canle, o sempre numeroso grupo do Colexio Peleteiro de Santiago e os habituais de Baio, Vimianzo, Corcubión, A Coruña, Carballo. Este feito puido ser o que colleu por sorpresa a organización en Fisterra, que non se esperaba esta afluencia, xa que o local fíxose pequeno para poderen disfrutar os afeccionados do excelente nivel da maioría das partidas.

Destacar tamén na entrega de medallas a presenza de Jorge Mira, o Alcalde de Fisterra, quen pediu desculpas públicas e persoalmente ó presidente do Cabo Touriñán, e destacou os valores do xadrez e o seu apoio para cando queiramos voltar a Fisterra a organizar outro evento, a presidenta do Centro Cultural, quen tamén pediu desculpas públicas, e fixo referencia ó aniversario dos cen anos do Centro Cultural.

Deportivamente, destacar a apertada clasificación da categoría absoluta que fará que o torneo final do día 27 en Muxía sexa emocionante, xa que os xogadores teñen tempo de marxe para preparar as partidas.

Clasificación do Torneo de Fisterra

Categoría Absoluta

  • 1º Pose Jose Manuel.
  • 2º Bugliot Diego.
  • 3º Sar Vilela Jose.
  • 4º Soneira Jose.
  • 5º Fernandez Mouzo Jacinto.
  • 6º Papin Traba Miguel.
  • 7º Crespo Augusto.
  • 8º Alvarez Marcos.
  • 9º Lago Freire Tomas.
  • 10º Castreje Lopez Francisco Javier.

Categoría sub-14

  • 1º Bugliot Diego.
  • 2º Papin Traba Miguel.
  • 3º Mata Ewy Eduardo.

Categoría sub-12

.
  • 1º Pena Varela Martin.
  • 2º Sanchez Vazquez Carla.
  • 3º Ramos Rial Carlos.

Categoría sub-10

  • 1º Vilela Lagoa Eloy.
  • 2º Mata Ewy Brais.
  • 3º Giron Hermo Xabier.

Categoría sub-8

  • 1º Carballo Sandobal Kevin.
  • 2º Lago Pazos Anxo.
  • 3º Pazos Pérez Adrian.
  • 4º Sanchez Vazquez Lois.

Vindeira proba

O último e decisivo Torneo disputarase o 27 de xaneiro en Muxía.

Novas relacionadas

Máis novas

Xadrez na Costa

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
  • Nota de prensa do Clube de Xadrez Cabo Touriñán.