Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Francisco Luís Abella volve dominar o taboleiro de Xadrez da Costa da Morte

Francisco Luís Abella volve dominar o taboleiro de Xadrez da Costa da Morte
Máxima atención no Torneo de Xadrez de Camariñas con Francisco Luís Abella como protagonista

O sábado 22 de decembro de 2012, tivo lugar en Camariñas, a 5ª proba do 1º Circuíto de Xadrez Costa da Morte Concello de Muxía, que organiza o Concello de Muxía e o Club Xadrez Cabo Touriñán.

Neste 5º torneo, dos sete que conforman o circuíto, participaron 52 xadrecistas, destacando a participación do primeiro e último campión da Costa da Morte, Francisco Luís Abella, que acadou tamén o primeiro posto na Categoría absoluta neste torno de Camariñas.

Destaca tamén o xogador do Club Xadrez Cabo Touriñán, Kevin Carballo Sandobal, Campión provincial sub-8 e campión de todos os torneos do circuíto Costa da Morte Concello e Muxía, o que o fai, sexa matematicamente campión da súa Categoría.

Clasificación do Torneo de Camariñas

Gañadores no Torneo de Xadrez de Camariñas

A clasificación do Torneo de Camariñas quedou como segue:

Categoría Absoluta

  • 1º- Francisco Luís Abella.
  • 2º- Pablo Mira.
  • 3º- Juan Jose Lema Cundis.

Categoría sub-14

  • 1º- Jose Luis Vilela.
  • 2º- Miguel Papin Traba.
  • 3º- Xan Nogueira Rodriguez.

Categoría sub-12

  • 1º- Martín Pena.
  • 2º- Carla Sanchez .
  • 3º- Carlos Ramos.

Categoría sub-10

  • 1º- Brais Mata Ewy.
  • 2º- Eloy Vilela Lagoa.
  • 3º- Juan Carneiro.

Categoría sub-8

  • 1º- Kevin Carballo Sandobal.
  • 2º- Adrian Pazos Pérez.
  • 3º- Anxo Lago Pazos.

Vindeira cita

A próxima cita co xadrez na Costa da Morte terá lugar en Fisterra, no local da Asociación O Casino, coa disputa da 6ª Xornada do Circuíto que dará comezo as 16:00 horas.

Novas relacionadas

Máis novas

Xadrez na Costa

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Nota de prensa do Clube de Xadrez Cabo Touriñán.

Comentarios