Venres. 29.03.2024
El tiempo

Muxía abríu o Circuito de Xadrez Costa da Morte con case 60 xogadores

Muxía abríu o Circuito de Xadrez Costa da Morte con case 60 xogadores
Muxía abriu o Circuito de Xadrez da Costa da Morte que artella o Clube Touriñán

O pasado domingo 25 de novembro, tivo lugar en Muxía, no Edifício de Servizos Múltiples do Concello, a primeira proba do 1º Circuito de Xadrez Costa da Morte Concello de Muxía, que organiza o Concello de Muxía e o Club Xadrez Cabo Touriñán.
Unha iniciativa fantástica que parte do clube muxián que serve para espallar este deporte por toda a bisbarra. De feito, o Circuito pasará por Corcubión, Vimianzo., Carnota, Camariñas, Fisterra para rematar de novo na vila da Barca.

Neste primeiro campionato, dos sete que conforman o circuito, participaron 58 xadrecistas dos concellos de Santiago, A Coruña, Camariñas, Cee, Corcubión, Vimianzo, Baio, Carballo, Dumbría e Muxía.

Santi Domínguez e o alcalde Félix Porto presentando o Circuito de Xadrez Costa da Morte

A xornada, dou comezo ás 16:00 horas, coa presentación do circuito a cargo do Alcalde do Concello de Muxía, Félix Porto Serantes, que acompañaba ao armadanzas Santiago Domínguez, do clube muxián.
A xornada transcurríu nun extraordinario clima de convivencia, na que nenos e adultos gozaron do xadrez, e na que o numeroso público asistente comprobou o emocionante que pode chegar a ser este deporte.

Cómpre destacar a participación de Marcos Traba (APEM), que se animou trala visita dos mozos do clube ao centro. marcos acadou a vitoria en tres das seis partidas que desputou. Ademais, tamén é salientable a asistencia de 17 xadrecistas do Colexio Peleteiro de Santiago e 4 de A Coruña.

Xogadores de todas as idades participan no Circuito de Xadrez Costa da Morte

Clasificacións

A clasificación final deste 1º torneo foi:

Categoria absoluta

  • 1º Larrañaga Leturia, Gurutz (O Toque Xiria)
  • 2º Mira Pérez, Pablo (Baio)
  • 3º Viqueira Verea, Älvaro (O Toque Xiria)

Categoria sub-14

  • 1º Nogueira Rodríguez, Xan (Cabo Touriñán).
  • 2º Bugliot Mateo, Diego (Sigrás).
  • 3º Papín Traba, Miguel (Cabo Touriñán).

Categoría sub-12

  • 1º Sánchez Vázquez, Carla.
  • 2º Ramos Rial, Carlos.
  • 3º Perol Hurtado, Adrián.

Categoría sub-10

  • 1º Carneiro Vázquez, Juan.
  • 2º López-Lazcano Vázquez, Guillermo.
  • 3º Vilela Lagoa, Eloy (Cabo Touriñán).

Categoría sub-8

  • 1º Carballo Sandoval Kevin (Cabo Touriñán).
  • 2º Lago Pazos Anxo (Cabo Touriñán).
  • 3º Sánchez Vázquez Lois.

Vindeira proba

O domingo dous de decembro terá lugar, na Casa da Cultura do Concello de Corcubión, o 2º Torneo de Circuito, que dará comezo as 16:00 horas.

Novas relacionadas

Xadrez na Costa

Fonte

Comentarios